by | Xan 24, 2018 | Cinema & TV, Novas | 0 comments

‘Matria’, a curtametraxe galega de Álvaro Gago, premio do xurado en Sundance

Acabamos de coñecer a noticia de que a curtametraxe dirixida polo galego Álvaro Gago e producida por Sombriza Films acaba de ser premiada no prestixioso Sundance Film Festival. Esta peza xa recibiu recoñecementos a nivel estatal como o premio Seminci de Valladolid. Matria é unha curta sobre a dura vida das mulleres galegas. Protagonizada por Francisca Iglesias Bouzón, narra a historia dunha traballadora nunha fábrica de conservas.

Gago adicou a curta “a Francis, Eulogia, Pilar, Diana, Marta, Sara, Begoña, Janet, Carmen, Sita, Manola, Paula, Lucía, Sonia, Soraya, Sandra, Verónica, Consuelo, Irene, Carmen, Mari”, e a “todas as matriarcas da terra dun tal Breogán”.