by | Xan 27, 2018 | Cinema & TV, Novas | 0 comments

O filme ‘Trinta lumes’ da galega Diana Toucedo será proxectado na Berlinale

A realizadora redondelá Diana Toucedo está de noraboa. Vimos de saber que a súa ópera prima, titulada Trinta lumes, ambientada nas terras do Courel, acaba de ser seleccionada polo Festival de Cine de Berlín, a Berlinale, para ser proxectada dentro da sección Panorama.

Esta nova chéganos pouco despois de coñecer os galardóns á curtametraxe galega Matria no Sundance Film Festival e ao filme Dhogs, do meirego Andrés Goteira, premiado en Sitges.