by | Feb 23, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Trajano!, Bad Gyal, Kings of the Beach… Estas son as nosas seleccións desta semana

Esta fin de semana, a diferencia doutras, atopamos moitas cousas que nos gustan moito a nivel nacional e estatal, cando normalmente nos imos ás Américas para atopar as cousas das que temos moitas, moitas ganas. Esta semana, atopámonos con álbums de Screaming Females (de quen destacabamos un tema na nosa lista semanal), Frigs, Caroline Rose, novo EP de Kero Kero Bonito… E a nivel estatal, aparte das que imos salientar, temos novos traballos de Niño de Elche, Belako, Dinero, Espanto… E, entre outras moitas, recomendamos:
  • Bad Gyal: Novo traballo da de Barcelona, que, en 10 minutos deixaranos grandes temas dos que desfrutar e bailar. É o seu primeiro traballo en modo mixtape dende Slow Wine (2016), e viña de sacar neste mesmo ano o single Blink.
  • Trajano!: Xa falamos anteriormente dos adiantos de Trajano!, introducíndoos nas nosas listas semanais, entre outras cousas. Hoxe, por fin, podemos desfrutar do seu álbum ao completo, e non podíamos estar máis contentas.
  • Kings of the Beach: Onte tocaban en Santiago. Hoxe, en Vigo. Mañá na Coruña. E, entre todo isto, sacan o seu novo LP, chamado Super Awkward, Fucking Awesome. Que, por certo, será o seu primeiro. Hai uns días facíamonos eco do seu adianto Blisters On My Teeth.
Trajano!
Bad Gyal
Kings of the Beach