by | Mar 9, 2018 | Novas

Brigitte Laverne, Young Fathers, David Byrne… Estas son as nosas seleccións desta semana

Marzo chegou cargado de discos novos na súa primeira semana, e a cousa non parou aí. Tanto a nivel internacional como estatal, chegaron novos álbues. A nivel internacional, podemos atopar novos traballos de Gengahr, Albert Hammon Jr, Editors, Martha Ffion, Liza Anne ou of Monteral: no Estado español, atopamos novos traballos de Ibon Errazkin, Texxcoco, Izal ou Ruth Lorenzo. Mais, entre todo, decidimos destacar:

  • David Byrne: É practicamente imposible non saber quen é David Byrne. Quizá, se non vos soa aínda a día de hoxe o seu nome, si que vos pode soar o nome do grupo do cal foi fundador, cantante, guitarrista e compositor, Talking Heads. Dende a separación deste, a súa carreira seguiu adiante e con moito éxito, mais levabamos 14 anos sen ter un álbum de estudo seu, sendo destacable o seu traballo nese período con St. Vincent no álbum Love This Giant (2012). Hoxe, por fin, a espera rematou e temos traballo seu novo e a título individual.
  • Young Fathers: Destacar a Young Fathers é algo obrigatorio. Son, sen dúbida, unha das bandas de abstract hip hop máis destacadas do momento, e sobre as cales carga máis experimentación ás súas costas. O seu último álbum, White Men Are Black Men Too (2015), levounos a unha fama internacional. Hoxe, con Cocoa Sugar, teñen que mostrar que manteñen o nivel.
  • Brigitte Laverne: En 2015, Brigitte Laverne sacaba o seu primeiro EP, homónimo. Dende entón, pouca información nova dela chegara, aparte da súa participación no EP Dopamine (2015) de Lowlight. Hoxe lanza Wasted, o que será o seu primeiro traballo longo, baixo Club Ruido.
Brigitte Laverne
Young Fathers
David Byrne