by | Abr 2, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Kano Sunsay presenta ‘Original’ en Vigo e Santiago de Compostela

Kano Sunsay estará esta semana en Galicia presentando o seu novo álbum, Original. Para esta presentación, teremos dúas citas, o que significa dúas posibilidades de desfrutar o seu directo: estará o 6 de abril en Vigo (Fábrica de Chocolate) e ao día seguinte, 7 de abril, en Santiago de Compostela (Sala Moon). En ambas ocasións estará acompañado de TCAP Leviatan.

Kano Sunsay comezou as súas andadas no rap co grupo Vps (Visto Para Sentencia), entre 2001 e 2005. Publicou o seu primeiro traballo en solitario en 2007, chamado Buscando la Calma, xunto Pastizal Sound. Xunto a VPS, presentou o traballo Vacío Legal en 2009.

Kano Sunsay