by | Abr 3, 2018 | Novas | 0 comments

Estreamos en exclusiva o novo tema de Canine

O seu novo traballo verá a luz o vindeiro 10 de abril.

Temos o pracer de traervos en exclusiva o que será o primeiro adianto do novo EP de Canine, IV. Tema circular (siloxismo). Destaca a desaparición do baixo, que levou consigo uns cambios de estilo intensos que fixeron que o grupo deixara lonxe o pop jazz.

Este EP supón o regreso de Canine despois de tres anos de parón tras o seu primeiro EP, [malva] (2015). Para este primeiro traballo, é destacable que utilizaron dita palabra porque era necesario que levase un nome de forma escrita, mais que o título do propio traballo era a portada gráfica. Para este segundo traballo, a palabra que leva como acompañante o nome gráfico é a palabra [hélice].

Canine é un grupo de Santiago de Compostela formado por Antón Blanco (batería) e Afonso Traficante (piano). O seu retorno culminarase o vindeiro 10 de abril, data na que verá a luz o seu novo traballo.

Canine