by | Nov 29, 2018

‘Dhogs’ e ‘A estación violenta’ dan o primerio paso cara os Goya

Xa se deron a coñecer as case 150 películas candidatas a mellor filme do ano na vindeira gala dos Premios Goya, que valoran as mellores producións cinematográficas do Estado español, e entre elas figuran as galegas Dhogs e A estación violentaA falta de coñecer as nomeacións definitivas, as 19 e 15 candidaturas conseguidas respectivamente por estes dous filmes son un importante paso adiante para loitar polo recoñecemento que merece o éxito acadado durante o último ano polo cinema galego. Algo que xa foi evidenciado polo feito de que en marzo deste ano Dhogs fixérase con 13 premios Mestre Mateo, converténdose de esta maneira no filme máis premiado da historia dos premios da Academia Galega do Audiovisual.

A listaxe completa de filmes candidatos aos Premios Goya 2019 pódese consultar nesta ligazón.