by | Dec 7, 2018

A revista ‘Ligeia’ presenta o seu segundo número

Baixo o lema “O corpo e as sombras” como homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón, a revista de literatura, xornalismo e investigación Ligeia lanza un segundo volume de 102 páxinas, textos de 21 países, 6 idiomas e case 80 autores. Entre os contidos máis destacados desta entrega atópase unha selección de traballos de 27 poetas latinoamericanos ou unha escolma de poetas españolas contemporáneas. Unha entrevista a Andrés Goteira e outra a Lucía Novás, a bosnia Enesa Mahmic como poeta convidada, textos a cargo de Ramón RozasXavier QueipoTamara AndrésAntón Sobral ou Lois Alcayde e unha sección de creación galega son algunhas das propostas que contén este número.