by | Dec 29, 2018

Xa vimos en artigos anteriores como se tratou dun ano marabilloso para a cultura galega. Non só se produciu unha gran cantidade de obras audiovisuais, literarias e musicais, senón que, ademais, estas traían consigo unha calidade exemplar. Non podiamos rematar o ano, pois, sen afondar por completo en todos os medios culturais.

Dende o comezo de Balea Cultural, do que fai xa case un ano, tentamos non só facer un seguimento da música que se facía no noso país, senón tamén facelo dende unha ollada crítica e o máis completa que nos fose posible. Deixámonos moitas cousas entre caixóns revoltos, cheos de cousas, e que xamais acertamos a lanzar. Neste artigo, en parte, queremos cubrir eses ocos. Se ben non publicamos unha crítica única de todos os traballos que saíron, procuramos agora deixar constancia de que tentamos chegar a todos eles.

Queremos, tamén, coa creación desta lista, abrir o debate aos nosos lectores. Agás o primeiro posto, que é indiscutible, poñámonos como nos poñamos, encantaríanos saber a vosa opinión desta pequena lista e dos postos que outorgamos a cada obra. Imos aló?

Disco Las Palmeras!

Cálida

O cuarto álbum de Disco Las Palmeras! Supón un cambio considerable no son da banda, que deixou de lado as distorsións tan características do noise rock que realizaban, achegándose a un son máis accesible e melódico. Se ben as cancións que compoñen Cálida resultan desfrutables, en ocasións non semellan tan atrevidas no apartado instrumental como en traballos previos do grupo.

Grima

A Ver A Qué Sabe

Non, ao final este ano non houbo álbum de Bala como tentabamos adiviñar a principios de 2018. Foi unha mala noticia, si, mais houbo quen veu a tentar ocupar o seu espazo nos nosos corazóns. Grima debutaron este ano con A Ver A Qué Sabe, unha obra de trinta minutos chea de temas rápidos e directo entre o grunge e o stoner, con duras baterías e guitarras que disparan riffs sucios acompañados dunha voz en modo de berro que se atreveu co galego, o castelán e o inglés.

Con certas cuestións que definir e cun son bastante mellorable, non é difícil aínda así ata sentir certa morriña polos tempos nos que o stoner estaba en boca de todos. Non, non son os Queens of the Stone Age, nin Bala, nin moitos outros, e que? Temos ante nós un debut potente, underground, e carismático.

KadettGSI

Scalestrix

Dende Lugo, KadettGSI son unha das novas apostas da Melona. Os primeiros contactos que tivemos con eles chegan agora, dende este pequeno EP de catro cancións cheo de enerxía, cunha electrónica noventeira que invita ao baile. Non é moito, mais si deixan nel pequenos detalles de calidade dos que temos ganas de escoitar máis.

Alto Asalto

Soños E Quimeras

Tras case unha década dende o seu último traballo de estudo, os Alto Asalto volveron con Soños e Quimeras. Entre a loita social e o pesimismo vital na lírica e cunha excelsa produción nas bases, vimos no seu retorno como oito anos de parón non significan obrigatoriamente unha desconexión coa música máis vangardista, traendo consigo unha obra completa, forte e consciente.

Sans Soleil

Variaciones Cromáticas Del Atlántico

Os vigueses Sans Soleil debutaron este ano cun disco de post-rock instrumental con influencias moi recoñecibles de bandas como Explosions in the Sky. Un dos aspectos máis interesantes do álbum é sen embargo seu aspecto conceptual, un percorrido a través das diferentes tonalidades e emocións que produce o océano, expresadas unicamente a través do son, permitindo introducirse moito máis nos significados abstractos das cinco cancións que o compoñen.

GLITCHGIRL

Royal Flush

Vinte minutos de beefs, música electrónica e a definición dun estilo que en traballos anteriores semellaba demasiado dividido e disgregado. Así poderiamos definir Royal Flush, segundo longo de Alicia Aix Muñiz baixo o pseudónimo de GLITCHGIRL. Neste novo traballo, aparte dos posibles acertos e fallos, volve a aparecer ese toque tan característico e persoal que lle trouxo ás miradas de moitos grazas a QUE ME DES DIEZ EUROS con temas como Sola Estoy Mejor. Unha obra que comeza a definir a unha artista que, a día de hoxe, cremos que só pode crecer.

Canine

[Hélice]

O segundo EP do dúo Canine supuxo unha exploración do jazz máis moderno ao longo de cinco pezas que flúen perfectamente no musical a pesares de que seus títulos semellen desordeados. Cargado de xogos rítmicos e armonías que por momentos recordan a Radiohead, [Hélice] consegue expresar moito cunha paleta sonora reducida.

Boyanka Kostova

Vella Canción Galega

Cibrán e Chicho non só fan trap no noso idioma, senón que ofrecen unha música chea de matices. O seu directo, ademais, fuxe dos tópicos do xénero tocando con instrumentos en directo e deixando as bases fora da ecuación.

Este 2018, ademais, vimos algo máis: tras lanzar varios temas en Youtube, remataron lanzando o seu primeiro traballo de estudo, o EP Vella Canción Galega, unha obra orixinal, chea de calidade e con certo aire paródico. E, aínda cos peros que poidamos atoparlle, un dos mellores debuts musicais deste ano.

Kings of the Beach

Super Awkward, Fucking Awesome

Toda persoa que viu aos Kings of the Beach actuar en directo é consciente de por qué a banda viguesa semella ser máis coñecida cada día que pasa. Este 2018 o rock garaxeiro do grupo levounos a actuar ata os Estados Unidos no festival South by Southwest onde puideron tocar as cancións deste Super Awkward Fucking Awesome ante o público doutro continente. É certo que o estilo de Kings of the Beach funciona mellor en directo que no estudo, e aínda así trátase dun dos discos galegos máis divertidos que puidemos escoitar este ano.

Ezetaerre

Pólvora e Tormenta

Afastados daquelas maquetas xenéricas e sen demasiado que ofrecer, Ezetaerre lanzaron neste 2018 o seu primeiro longo en estudo, agora con bases moi caviladas, e cunha produción que combina ska, pop e hip hop de maneira agradable, concretando o que moitos outros non conseguiron.

Exploran, tamén, outros sons menos habituais, tanto neles como no panorama do hip hop galego actual, en temas como Vento Negro, achéganse a un agresivo, cheo de furia, onde guitarras e elementos de trap lánzanse á piscina para crear un enérxico temazo.

Chicharrón

Cancións Clínicas

O novo disco de Chicharrón móvese entre liñas de sintetizadores escuros e voces etéreas, como un punto a medio camiño entre o dream pop e o post punk. Trátase sen lugar a dúbida dun disco que destaca polas atmosferas que é capaz de crear, como se evocara imaxes borrosas, pouco definidas, escondidas detrás dunha intensa néboa que dota a todo dun ton misterioso e fantasmal a vez que atractivo.

Mielitza

Unha Illa

Carla López lidera o proxecto de Mielitza, que foi neste 2018 un debut que desfrutamos como moi poucos outros. Os teclados funcionan como fío condutor do que é un pequeno e non intencionado álbum conceptual. Claros de luz, tormentas, tronos e choivas son invocados polas notas e voces en cada canción, creando unha magnífica e amable viaxe ao interior dese mundo que se nos evoca.

Pálida

A White Sphere

O segundo traballo lanzado por Pálida este ano chegou en forma de EP. Unha colección de catro cancións que en certa maneira supoñen unha proposta menos variada que Shönen Kingdom, ao mesmo tempo que pode semellar máis cohesionada. Do que non cabe dúbida é de que o son electrónico de Pálida neste EP continúa tan interesante como no seu anterior traballo.

Guadi Galego

Bóla de Cristal

A carreira de Guadi Galego está cheade soños e esperanzas plasmados en temas de calidade abraiante, que xa son parte da nosa historia musical. Daquel folk que traía con Berrogüeto, e que definiu toda unha época do grupo galego, xa non hai tanto. Agora, Guadi Galego ofrécenos un pop potente e emotivo. Bóla de Cristal concreta moitas das ideas que lanzara xa nos seus anteriores albumes, e enche os nosos oídos de voces e guitarras que se entrelazan nun son tal vez menos propio, mais igual de belo e cheo de pequenos himnos que cantaruxar durante días de frío ou de calor.

Baiuca

Solpor

Baiuca, igual que Mercedes Peón, mestura unha produción moderna e sons electrónicos con elementos da música tradicional galega. Pero se Peón era capaz de realizar unha música completamente nova, no caso de Baiuca atopamos estas mesmas cancións tradicionais cunha cara nova. Isto pode facer que o disco resulte menos interesante de analizar pero non por iso é menos divertido de escoitar. Solpor é un traballo accesible e cheo de personalidade que merece estar entre o máis destacado do ano.

Sumrrá

6 Mulleres

Con seis traballos de estudo publicados Sumrrá non son ningúns descoñecidos. Se ben a forma definitiva de escoitar a súa música é o directo, apreciando de maneira completamente xenuína a enerxía que transmiten e os enfoques tan radicais e vangardistas que aplican, seus discos de estudo tampouco son desmerecedores. As pezas que conforman 6 mulleres amosan que o trío compostelán segue a ter camiño por diante, e a banda continúa profundizando nas súas interpretacións pouco ortodoxas pero sempre expresivas en pezas como Nawal El-Saadawi ou nos instantes finais de Rosalía de Castro.

Mounqup

Castro Verdi

Non hai ninguén en Galicia que estea a facer nada semellante ao que fai Mounqup. Ritmos dos que non podes escapar e sons electrónicos indescifrables serven de base para que a voz da galega de orixe francés navegue sobre eles con total liberdade. Castro Verdi é tanto un disco experimental como bailable, cun son tanto mecánico como humano e cheo de vida. Sen dúbida unha escoita obrigada deste 2018.

Pálida

Shönen Kingdom

Shönen Kingdom pasou máis desapercibido que A White Sphere á hora de chegar aos nosos ouvidos. E é unha pena, pois trátase dunha das obras mellor producidas do ano. Gravado en directo, mais tendo por completo no seu interior contido orixinal, trae consigo unha viaxe única cun resultado que roza á perfección. Componse de oito temas que beben, para a súa concreción, das maneiras de estruturar os animes, do IDM ou do house, e son en conxunto unha perfecta síntese do que é un concerto en directo de Pálida. Como neses directos, Shönen Kingdom ofrece unha experiencia transcendental, onde cores e imaxes son convocadas no noso cerebro durante case unha hora, sen descansos nin cortes.

Triángulo de Amor Bizarro

El Gatopardo

Queda algo por dicir de Triángulo de Amor Bizarro? Dende a publicación do seu primeiro disco en 2007 todos os lanzamentos desta banda foron dunha enorme calidade, un tras outro. Embaixadores do shoegaze e do noise rock en Galicia, no EP lanzado este ano a banda semella baixar un pouco os niveis de distorsión e reverberación das súas guitarras para explorar un son menos denso que acompaña a unhas letras cargadas dun trasfondo político e social que definiron perfectamente a realidade do 2018.

Mercedes Peón

DEIXAAS

Poucos artistas, sendo honestos, poderían aspirar a crear unha obra de arte como Mercedes Peón fixo con DEIXAAS, pois posiblemente esteamos ante un dos mellores discos do ano e da década. A progresión musical que a artista galega mostra no seu álbum é única, creando sons novos en espazos que precisaban deles. Trátase dunha síntese completa entre tradición e vangarda, máis onde o segundo termo, en forma de música industrial, á vez, é a peza esencial para entender o traballo.