by | Xan 6, 2019

Non Servium anuncian a súa separación

A histórica banda española de Oi! Non Servium anunciou á súa separación mediante un comunicado no seu perfil de Instagram. A razón que dan os de Móstoles para non continuar son o coidado da súa “saúde persoal”. Este anuncio colle aos seus fans por sorpresa tras 22 anos en activo e 12 coa formación actual.

Destacan tamén que non é un adeus definitivo e que prometen “volver máis fortes que nunca”. Os autores de temas tan emblemáticos para xeracións como “Bendita Locura”, “ACAB” ou “Madrid” non suspenderán os concertos que xa foron anunciados polo que funcionarán como unha despedida