by | Xan 6, 2019

‘Vikingos’, cancelada: a sexta temporada será a última

O ano 2020 será a última vez que vexamos a serie de Michael Hirst, agora mesmo na súa quinta tempada, que rematará finalmente cun total de 89 episodios. Espérase, tamén, que a sexta tempada da serie teña a mesma estrutura que as últimas dúas xa estreadas: dúas partes de dez episodios cada unha, dando un total de vinte episodios por tempada.

Orixinalmente protagonizada por Travis Fimmel no papel de Ragnar Lothbrok, a serie contounos en maneira de historia dramatizada a vida deste e a súa familia e amizades. A cancelación chega en parte con sorpresa, pois estaba mantendo uns bos números de audiencia.

Con todo, parece que non vai ser o final: Michael Hirst está a preparar xa, xunto MGM Television, un posible spin-off para a serie. Nesta segunda etapa, contaríase ademais co guionista Jeb Stuart, coñecido polos seus escritos en filmes como A xungla de cristal (Die Hard, 1988) ou O Fuxitivo (1993).

.