by | Xan 10, 2019

Toundra presentarán ‘Vortex’ en Compostela

A banda de post-rock instrumental Toundra presentará o seu quinto álbum Vortex o 19 de xaneiro na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Toundra é, sen lugar a dúbidas, a banda de referencia de post-rock no Estado español. Un grupo capaz de lograr o recoñecemento tanto da crítica como do público así como un considerable éxito comercial co lanzamento do seu anterior disco, IV (2015). Dar continuación a este traballo foi en certa maneira unha tarefa complicada, e non foi ata tres anos despois que Toundra voltou co seu quinto disco, Vortex, rompendo así a tradición de nomear os discos de maneira numérica. Sen embargo, esta ruptura na nomenclatura non se ve verdadeiramente reflexada en ningún tipo de ruptura no son da banda. Este concerto será unha oportunidade perfecta para escoitar o post-rock dos madrileños e os riffs de guitarra máis rockeiros do habitual, por momentos próximos ao metal, que trouxo consigo este disco.