by | Xan 14, 2019

O 2018 trouxo consigo filmes fascinantes e un cinema galego en estado de gracia. Pero o mundo segue xirando e este 2019 promete ser polo menos igual de interesante. Estas son as películas que máis ganas temos de ver durante este ano, os proxectos que máis nos ilusionan. Son vinte pero poderían ser moitas máis. Este novo ano preséntase como un moi prometedor.

 

Once Upon a Time in Hollywood

Quentin Tarantino

Estrea: 9 de agosto

A estas alturas pouco hai que presentar de Quentin Tarantino, director dalgunhas das películas máis icónicas das últimas décadas como Pulp Fiction (1995), Kill Bill (2003) ou Reservoir Dogs (1992). Este ano volvera tras The Hateful Eight (2016), para algúns decepcionante. Nesta ocasión contará cun reparto de excepción con Brad Pitt e Leonardo Dicaprio entre moitos outros. Situarase no Hollywood dos anos 60 e é das obras que máis prometen do ano que acaba de comezar.

Once Upon a Time in Hollywood

Quentin Tarantino

Estrea: 9 de agosto

A estas alturas pouco hai que presentar de Quentin Tarantino, director dalgunhas da películas máis icónicas das últimas décadas como Pulp Fiction (1995), Kill Bill (2003) ou Reservoir Dogs (1992). Neste ano volvera tras The Hateful Eight (2016), para algúns decepcionante. Nesta ocasión contará cun reparto de excepción con Brad Pitt e Leonardo Dicaprio entre moitos outros. Situarase no Hollywood dos anos 60 e é das obras que máis prometen do ano que acaba de comezar.

 

Joker

Todd Phillips

Estrea: 4 de outubro

Este personaxe do universo DC é moi interesante mais nunca foi o protagonista de ningunha obra na gran pantalla. En 2019 chegoulle o seu momento e agardamos que o faga pola porta grande. O Joker dá para moito e é un lenzo sobre o que pintar moi suculento, saber como a encarnación do mal rematou nese estado é unha pregunta á que por fin teremos resposta este ano.

Joker

Todd Phillips

Estrea: 4 de outubro

Este personaxe do universo DC é moi interesante mais nunca foi o protagonista de ningunha obra na gran pantalla. En 2019 chegoulle o seu momento e agardamos que o faga pola porta grande. O Joker da para moito e é un lenzo sobre o que pintar moi suculento, saber como a encarnación do mal rematou nese estado é unha pregunta á que por fin teremos resposta neste ano,

 

Aquilo que Arde

Oliver Laxe

Estrea: Descoñecida

Fotograma: Mimosas

Non existe confirmación oficial de que o noso director máis internacional estree en 2019 a súa nova obra en salas, pero si que a súa intención é levala ao Festival de Cannes, polo que agardamos que para final de ano esté connosco. Esta vez Laxe céntrase nas vagas de lumes que asolan os bosques galegos cada ano. É a súa primeira película rodada dentro do noso país e realmente esperamos con ganas ter a oportunidade de vela.

Aquilo que Arde

Oliver Laxe

Estrea: Descoñecida

Non existe confirmación oficial de que o noso director máis internacional estree en 2019 a súa nova obra en salas pero si que a súa intención é levala ao Festival de Cannes, polo que agardamos que para final de ano esté connosco. Esta vez Laxe céntrase nas vagas de lumes que asolan os bosques galegos cada ano. É a súa primeira película rodada dentro do noso país e realmente agardamos con moitas ganas ter a oportunidade de vela.

 

Elisa e Marcela

Isabel Coixet

Estrea: 2019 (Netflix)

Netflix comunicou hai uns meses a futura estrea da historia do primeiro matrimonio homosexual no Estado Español. Foron dúas mestras galegas no ano 1901. O filme non é en galego como moitos pediron tralo anuncio, pero é unha historia que xa inspirou unha exitosa obra teatral e diversas adaptacións literarias. Unha película que en Balea Cultural agardamos con moitas ganas, e que a avala a dirección de Isabel Coixet, entre outras cousas, gañadora do Goya a mellor directora o ano pasado por La Librería.

Elisa e Marcela

Isabel Coixet

Estrea: 2019 (Netflix)

Netflix comunicou fai uns meses a futura estrea da historia do primeiro matrimonio homosexual do Estado Español. Foron dúas mestras galegas no ano 1901. O filme non é en galego como moitos pediron a tras o anuncio, pero é unha historia que en Balea Cultural agardamos con moitas ganas. Aválaa a dirección de Isabel Coixet, entre outras cousas, gañadora do Goya á mellor directora o ano pasado por La Librería.

 

The Irishman

Martin Scorsese

Estrea: 2019 (Netflix)

Martin Scorsese, unha das figuras máis puristas do cine contemporáneo, sorprendeu a todos ao anunciar que a súa próxima produción sairía en Netflix. A obra apunta a ser a Roma do 2019 tanto en relevancia como en calidade. Máis se temos en conta que diante das cámaras haberá nomes como Robert de Niro ou Al Pacino. O filme será un biopic de Frank Sheeran, un home ao que se lle atribúen 25 asasinatos relacionados con actividades mafiosas.

The Irishman

Martin Scorsese

Estrea: 2019 (Netflix)

Martin Scorsese, unha das figuras máis puristas do cinema contemporáneo, sorprendeu a todos ao anunciar que a súa próxima produción sairía en Netflix. A obra apunta a ser a Roma do 2019 tanto en relevancia como en calidade. Máis se temos en conta que diante das cámaras haberá nomes como Robert de Niro ou Al Pacino. Neste caso o filme será un biopic de Frank Sheeran, un home ao que se lle atribúen 25 asasinatos relacionados con actividades mafiosas

 

The Last Thing He Wanted

Dee Rees

Estrea: 2019

Mudbound convertíase o ano pasado na primeira película de ficción dunha plataforma de streaming en conseguir un nomeamento ao Oscar, e en ocasións viuse absorbida polo debate que este feito ocasionou sen reparar nas virtudes da cinta. Este ano, a súa directora volve á carga coa historia dunha xornalista que remata sendo traficante de armas. A obra será protagonizada por Anne Hathaway e estamos ansiosas por ver como se desenvolve Rees nun contexto tan diferente ao do seu filme anterior.

The Last Thing He Wanted

Dee Rees

Estrea: 2019

Mudbound convertíase o ano pasado na primeira película de ficción dunha plataforma de streaming en conseguir un nomeamento aos Oscar o ano pasado e en ocasións viuse absorbida polo debate que este feito ocasionou sen reparar en todas as cousas que facía ben. Este ano, a súa directora volve a carga coa historia dunha xornalista que remata sendo traficante de armas. A obra será protagonizada por Anne Hathaway e estamos ansiosos por ver como se desenvolve Rees nun contexto tan diferente ao da súa película anterior.

 

A Virxe de Agosto

Jonás Trueba

Estrea: 2019

Fotograma: La Reconquista (2016)

Este director confirmou con La Reconquista (2016) que é unha das figuras máis renovadoras do cinema español. Tres anos despois, volve con La Virgen de Agosto. A película tratará de como un verán e os acontecementos que suceden nel, poden renovar por dentro a unha persoa. Trueba falaranos sobre a confianza nun mesmo a través dunha personaxe feminina encarnada por Itsaso Arana, tamén protagonista de La Reconquista.

A Virxe de Agosto

Jonás Trueba

Estrea: 2019

Este director confirmou con La Reconquista (2016) que é unha das figuras máis renovadoras do cinema español. Tres anos despois, volve con La Virgen de Agosto. A película tratará sobre como un verano e os acontecementos que suceden del poden renovar por dentro a unha persoa. Trueba falaranos sobre a confianza nun mesmo a través dunha personaxe feminina encarnada por Itsaso Arana, tamén protagonista de La Reconquista.

 

Mulleriñas

Greta Gerwig

Estrea: 2019

Greta Gerwig e a súa Lady Bird, pareceunos do mellor que aconteceu no cinema o ano pasado. Unha visión fresca para un tema mil veces tratado. Aínda nos queda agardar ata decembro, pero a directora estadounidense volve este ano cunha adaptación de Mulleriñas que desexamos que nos convenza tanto.

Mulleriñas

Greta Gerwig

Estrea: 2019

Greta Gerwig e a súa Lady Bird, pareceunos do mellor que aconteceu no audiovisual o ano pasado. Unha visión fresca para un tema mil veces tratado. Aínda nos queda agardar ata decembro pero a directora estadounidense volve este ano cunha adaptación de Mujercitas que desexamos que nos convenza tanto.

 

As Fillas do Fogo

Pedro Costa

Estrea: 2019

Fotograma: Cavalo Dinheiro (2014)

A última vez que tivemos o pracer de oír falar do director portugués, foi pola estrea de Cavalo Dinheiro en 2016 grazas a NUMAX Distribución. Pouca información hai polo momento de As Filhas do Fogo, pero tratándose de Costa, soamente podemos agardar un filme cheo de poesía dun xeito ou doutro, renovador e esixente co espectador.

As Fillas do Fogo

Pedro Costa

Estrea: 2019

Fotograma: Cavalo Dinheiro (2014)

A última vez que vez que tuvimos o pracer oír falar do director portugués foi pola estrea de Cavalo Dinheiro fai xa catro anos. Pouca información hai polo momento de As Filhas do Fogo pero tratándose de Costa, soamente podemos agardar unha obra chea de poesía dun xeito ou de outro, renovador e esixente co espertador.

 

Radegund

Terrence Malick

Estrea: 2019

Terrence Malick saca película e iso significa como mínimo un medio sorriso. Se ben os seus últimos traballos son bastante irregulares, o director de A delgada liña vermella (1998) ou Malas terras (1973) sempre merece como mínimo atención. Radegund presenta a interesante historia de Franz Jägerstätter, un austríaco que se negou a loitar para os nazis na Segunda Guerra Mundial, rematou sendo executado por eles e posteriormente beatificado pola Igrexa.

Radegund

Terrence Malick

Estrea: 2019

Terrence Malick saca película e iso significa como mínimo un medio sorriso. Se ben os seus últimos traballos son bastante irregulares, o director de A Delgada Liña Vermella (1998) ou Malas Terras (1973) sempre merece como mínimo atención. Radegund presenta a interesante historia de Franz Jägerstätter, un austríaco que se negou a loitar para os nazis na Segunda Guerra Mundial, rematou sendo executado por eles e posteriormente beatificado pola Igrexa.