by | Feb 8, 2019

Tres albumes lanzados hoxe e que non poderás deixar de escoitar

O 2019 comezou de maneira pausada en canto lanzamentos musicais, sen embargo dende as últimas semanas cada venres está a chegar cargado de moitos discos destacables. Hoxe estreáronse álbumes de bandas como Panda Bear, Xiu Xiu ou mesmo EPs de Megan Trainor e os Pet Shop Boys, pero os tres lanzamentos imprescindibles desta semana son os seguintes:

  • LCD Soundsystem lanzaron xa en 2017 American Dream, un dos discos máis destacados daquel ano. O seguinte paso do proxecto de James Murphy foi reunir á banda dos directos para promocionar estas novas cancións na súa xira. E agora, con este Electric Lady Sessions podemos escoitar estas pezas, así como algúns cortes clásicos da banda, dende unha perspectiva diferente, gravados en estudo en directo por toda a banda.
  • Ariana Grande está a estrear xa seu quinto disco. A cantante estadounidense presenta desta volta un álbum composto por doce novas cancións entre as que se atopan o tema viral que da título ao disco, thank you, next, así como o sinxelo lanzado a comezos deste ano, 7 Rings. Pop coidadamente producido, cun son moderno e actual.
  • En Quiet Signs, Jessica Pratt incorpora novidades a seu son de sempre. Desta vez, a artista consegue desenvolver en menos de media hora unha visión completamente novidosa do folk, con toques psicodélicos por momentos, facendo que un estilo clásico resulte rompedor. Sen dúbida un disco que merece a pena escoitar para adentrarse no son de Pratt, así como gustará a seus fans de sempre.