Infiltrado no KKKlan

Director: Spike Lee
GuiónSpike Lee, Kevin Willmott, David Rabinowitz, Charlie Wachtel
Fotografía: Chayse Irvin
Música: Terence Blanchard
Ano: 2018
País: Estados Unidos

 

Infiltrado no KKKlan

Director: Spike Lee
GuiónSpike Lee, Kevin Willmott, David Rabinowitz, Charlie Wachtel
Fotografía: Chayse Irvin
Música: Terence Blanchard
Ano: 2018
País: Estados Unidos

by | Feb 13, 2019

“Infiltrado no KKKlan” ou como non facer unha película antirracista

Infiltrado no KKKlan é unha comedia de Spike Lee cunha premisa con moito potencial sobre o papel. Baseada en feitos reais, Ron Stallworth convértese no primeiro axente de policía negro do departamento de policía de Colorado Springs. Un día atopa no xornal un anuncio para unirse ao Ku Klux Klan ao que se une para conseguir información. Isto da pé a unha obra a medio camiño entre a sátira e a denuncia social moi propia do estilo do director estadounidense.

A mensaxe da película e dunha mensaxe antitrump frontal aínda que o resultado a verdade é que é bastante mellorable en case todos os aspectos. É unha película demasiado reiterativa, tanto nas situacións como nas mensaxes. Lee cae demasiado da literaridade dun xeito que  por unha parte acerca perigosamente á película a unha obra de carácter propagandístico e por outra banda toma ao seu público por persoas que non son capaces de entender por si mesmas o que quere dicir a obra.

Isto pode verse reflectido en bastantes ocasións como na inclusións de lemas que tomou por bandeira o presidente estadounidense como o famoso “Make America Great Again” e un final onde se fai unha comparación dos actos do KKK cos de Donald Trump, nun momento onde se cerna o ton da película dun xeito abrupto. Se ben Spike Lee nunca foi un director coñecido por dicir as cousas pouco a pouco, esta vez denota unha certa torpeza na labor de dirección.

A comedia é un xénero perfecto para denunciar situacións inxustas ou mandar mensaxes políticos poderosos. Exemplos hai moitos: se nos imos ao cinema máis clásico pódense atopar obras como O Gran ditador, pero non fai falta irse tan atrás, este mesmo ano O Vicio do Poder demostra o xeito de converter a sátira en denuncia. Neste caso a denuncia quédase a medias tanto na forma -como xa se describiu- como na propia mensaxe. É verdade que se posiciona ao lado dos personaxes negros pero retrata aos Black Panther máis como un suxeito digno de poñerse en camisetas de grandes cadeas de roupa que como o que realmente foron.

E aínda queda por falar do máis perigoso de todo o filme: os personaxes do KKK. Nun intento de satirizar os seus comportamentos, a obra pásase de freada e os ridiculiza, ri dos seus comportamentos dun xeito nada producente. Lémbrame a cando no Estado Español algún grupo de extrema dereita fai algo e o único que recibe a cambio son memes e chistes, esa ridiculización no fondo fainos máis fortes e nos Estados Unidos non é unha excepción. Ao final a obra consegue co seu tratamento precisamente o contrario ao que quere construír.

É unha película entretida, pero pouco máis se pode dicir bo. Moitos dos elementos analizados, fan que a metraxe se eleve a máis das dúas horas nunha historia que se podería contar en moito menos. Por outra banda, un tratamento do seu ton tan desviado sorprende moito vindo dun director tan experimentado como Spike Lee. Ten o valor de conectar coa realidade actual pero valía a pena baixar ata a mediocridade a obra para facelo? Eu penso que non.