by | Feb 18, 2019

A nova adaptación de ‘Dune’ xa ten data de estrea

Dune é unha desas novelas que se intentou adaptar varias veces ao cinema pero nunca semella funcionar. Nos 70 xurdiron as primeiras ideas de cara a adaptar esta historia da man de Alejandro Jodorowsky que tratou de lanzar un proxecto xunto a Moebius e H. R. Giger encargados da ambientación do filme, no que actuarían entre outros Orson Welles ou Salvador Dalí, cunha banda sonora composta por Pink Floyd. Sen embargo esta obra nunca chegaría finalmente a poder realizarse. No ano 1984 o mismísimo David Lynch realizou o segundo intento, dando como resultado un filme que foi un fracaso tanto de crítica como de taquilla, a pesares de que co tempo foise convertendo nunha especie de película de culto.

Dise que á terceira vai a vencida, e o director canadense Denis Villeneuve (Arrival, Blade Runner 2049) está preparando xa unha nova adaptación do libro de ciencia ficción de Frank Herbert. Pouco a pouco fumos coñecendo datos sobre que actores conformarán o casting deste filme. Un reparto de luxo no que aparecerán Timothée Chalamet, Rebecca Ferguson, Oscar Isaac, Javier Bardem, Zendaya, Dave Bautista, Stellan Skarsgard, Charlotte Rampling, Josh Brolin e Jason Momoa. Pero agora xa sabemos aínda máis. A adaptación de Villeneuve chegará as salas de cine o 20 de novembro de 2020, unha data que semella bastante lonxe todavía pero que quedará anotada dende xa nos nosos calendarios.