by | Feb 22, 2019

O regreso de Dios Ke Te Crew xa ten data

A banda galega de rap Dios Ke Te Crew anunciou nas súas redes sociais o nome do seu novo disco e a data do seu regreso. O 11 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela presentarán o seu novo traballo: O Ciclo da Serpe. Tras oito anos de parón dende que sacarán o seu exitoso Humanose, Sokram e compañía volven no que prometen ser un “unha noite moi especial cun show específico e singular con colabos, visuais e máis sorpresas”.

Esta presentación será única en Galicia e coa entrada vai incluído o disco en físico antes do seu lanzamento en tendas. Así prodúcense un dos regresos máis agardados no país. Fai dous meses publicaron Silencio, un adianto de O Ciclo da Serpe que xa supera as 10.000 visitas en Youtube.