by | Feb 23, 2019

O Son do Camiño estrea cartaz para 2019

O festival O Son Do Camiño voltará en 2019 cunha segunda edición. O evento xa ten datas para este ano, o 13, 14 e 15 de xuño, e celebrarase de novo no Monte do Gozo en Santiago de Compostela. O cartaz do Son Do Camiño 2019 contará cunha ecléctica selección de artistas como Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, Die Antwoord, Rosalía, Bastille, Bloc Party, Richard Ashcroft, Vetusta Morla ou Dimitri Vegas & Like Mike.

A representación galega neste cartaz virá da man de Ivan Ferreiro, Eme Dj, Hard GZ, Igloo, morden, Marem Ladson, Baiuca, Familia Caamagno e estrugas. Os abonos do festival poderán comezar a mercarse a partires do mércores 27 de febreiro ás 12:00h.