by | Feb 24, 2019

Rebeliom do Inframundo lanza ‘A HUMILDADE TEN UM PREÇO”. Novo disco 27 de febreiro

A comezos deste ano, escollemos o que será o novo álbum de Rebeliom do Inframundo, ILEGAL, como un dos nosos 20 discos máis esperados do ano. Trátase do retorno dos de Ponteareas despois do seu último disco, Lume E Rebeliom, lanzado en 2016.

Dentro do que será este novo disco, espéranse dentro cancións que lanzaron neste tempo, como poderían ser #NONIMOSPOLOREGHO ou Plantaron lume ao monte. Hoxe [24 de febreiro], lanzan un novo tema chamado A HUMILDADE TEN UM PREÇO. Está producida por Frank Huxley.

O novo tema xa está nas plataformas dixitais, e o novo álbum será lanzado o vindeiro día 27 deste mesmo mes.