by | Feb 26, 2019

Álvaro Gago lanza un crowdfunding para poder gravar “16 de Decembro”, o seu novo proxecto

Álvaro Gago, director da premiada curtametraxe Matria, iniciou unha campaña de crowfunding para gravar 16 de Decembro, o seu novo proxecto. Volverá a ser unha curta e a rodaxe será en Vigo a mediados de marzo. As recompensas mudarán segundo a cantidade aportada e van dende unha simple mención nos títulos de crédito a recibir unha copia dixital do filme cando esté rematado ou un crédito de produtor executivo ás persoas que máis aporten.

Da sinopse pouco se sabe polo momento: unha xogadora de balonmán recibe unha chamada da súa nai para ir a buscar ao seu irmán e a historia transcorrera durante ese período. O director explica que “non quere desvelar moito de trama porque é importante ir todo o desinformado posible para experimentar a proposta ao cen por cen”. Tamén engadiu que “o orzamento está cuberto ao 70%” e que esa parte que falta irá fundamentalmente para cubrir os gatos no aluguer de equipo de gravación e iluminación