True Detective (T3)

Creador: Nic Pizzolatto
Guión: Nic Pizzolatto, David Milch, Graham Gordy
Fotografía: Germain McMicking, Nigel Bluck
Ano: 2019
País: Estados Unidos

 

 

True Detective (T3)

Creador: Nic Pizzolatto
Guión: Nic Pizzolatto, David Milch, Graham Gordy
Fotografía: Germain McMicking, Nigel Bluck
Ano: 2019
País: Estados Unidos

 

by | Feb 27, 2019

‘True Detective 3’: Fuxindo da sombra da primeira tempada

True Detective converteuse nunha serie de culto dende antes incluso de que rematara a súa primeira tempada. O éxito que conseguiu a antoloxía creada por Nic Pizzolatto xa dende o primeiro momento resultou abrumador, en certa maneira chegando a ser ata problemático. Este mesmo éxito tan repentino podería explicar por qué moita xente se sentiu decepcionada co final da primeira tempada e coa totalidade da segunda. Creáronse unhas expectativas enormes dun producto que todavía estaba a comezar, e ante a segunda tempada, o cambio de personaxes, historia e ambientación colleu a boa parte do público por desprovisto.

Catro anos despois da emisión dos últimos episodios da serie podería pensarse que True Detective xa non voltaría, que morrera polo seu propio éxito. Sen embargo chegou o anuncio dunha terceira tempada, que ademáis estaría protagonizada por Mahershala Ali. Retomar esta serie despois dun parón de tantos anos podía supoñer tanto un risco de que a xente xa perdese o interese como unha oportunidade de poder liberarse por primeira vez da sombra da primeira tempada. Por desgracia esto non é así, e a serie é consciente. Esta terceira edición de True Detective volta ao rural estadounidense, nun ambiente gótico sureño que lembra constantemente á primeira tempada. A serie mesmo é consciente disto e fai varias referencias.

En especial nos primeiros episodios é cando estas similitudes son máis evidentes, case como se se tratase dun gancho para conseguir gañar de novo a atención desas persoas que perderan o interese da inxustamente esquecida segunda tempada. A pesares de todo, non resultaría acertado afirmar que esta nova historia non aporta nada que non puideramos ter visto previamente. A narración de Nic Pizzolatto vólvese moito máis complexa, levando ao extremo o uso das distintas liñas temporais empregado previamente na serie, con saltos constantes que ocultan información ao mesmo que a revelan. Por momentos mesmo despréndese unha certa compoñente sobrenatural, en situacións na que os personaxes semellan verse a si mesmos nos mesmos lugares en distintas décadas.

As actuacións, como sempre son fantásticas, Mahershala Ali cumpre con creces como era de esperar, e Stephen Dorff sorprende para ben. En xeral todo o casting está fantástico, aínda que é a personaxe interpretada por Ali a que máis atención recibe na tempada, ao xirar o groso da trama ao seu redor. A maneira na que da vida a un ancián con alzheimer nunha desas liñas temporais resulta especialmente impactante.

Esta terceira tempada de True Detective tamén ten puntos febles. Entre eles está sen dúbida a dirección. O brillante traballo de Cary Joji Fukunaga na primeira tempada deixara un listón moi alto que non se voltou a acadar na segunda parte nin, de novo, nesta terceira. A serie tamén arranca moi despacio e pode resultar lenta en moitos momentos, se ben a maneira na que se vai construíndo a historia pouco a pouco resulta especialmente satisfactoria nos últimos tres episodios, concluíndo nun final máis que axeitado para esta nova tempada. En definitiva, True Detective está de volta, unha serie que a pesar do que se acostuma a dicir, nunca deixou de ser boa, e esta nova historia non é máis que a confirmación.