by | Mar 1, 2019

O Festival Arteficial confirma a Chicharrón

O Festival Arteficial vai collendo forma a base de confirmacións. A organización do evento confirmou que Chicharrón formará parte do certame, que se celebrará en Rivadavia o 7 de setembro. Chicharrón é unha das bandas máis interesantes do país e xa teñen catro discos ás costas. O seu último traballo Cancións Clínicas, foi un dos álbums máis destacados do 2018. Así súmase a Meneo e Ambre, as dúas bandas xa anunciadas con anterioridade. Co primeiro todos os asistentes poderán bailar coa fusión entre sons electrónicos, pop e latinos. Coa banda madrileña poderase desfrutar da súa proposta a medio camiño entre o rock progresivo e o avant-garde rock.