by | Mar 7, 2019

O Esmorga Fest, a piques de rematar abonos

Ao Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 15 e 16 de marzo, soamente lle quedan 200 abonos para completar o seu aforo segundo fontes da organización. Ao evento acudirán bandas como ToundraCarolina DuranteLagartija NickPerroZa! ou Sierra entre outras. O prezo da entrada anticipada é de 25 euros e, no caso de non esgotarse esta derradeira remesa, as restantes estarán a un prezo de 30 euros en taquilla.