by | Mar 12, 2019

fotografía de Dakidarría por Morgane Raposo

Ataque Escampe, Triángulo de Amor Bizarro, Dakidarría e máis celebran os 25 anos do Xabarín Club

Nos días 12 e 13 de marzo, a Sala Capitol (Santiago de Compostela) será o lugar onde desfrutar unha vez máis das cancións que moitas escoitamos nas nosas infancias para celebrar o 25 aniversario do Xabarín Club. A cita dobre comezará ambos días ás 17 horas e contará con concertos de varios dos grupos máis afamados do noso país, que tentarán pór música á nosa nostalxia. As entradas poden pedirse de maneira gratuíta na páxina web da Sala Capitol.

No primeiro día, amenizarán a tarde Ataque Escampe, Som do Galpom, Broken Peach, Triángulo de Amor Bizarro e The Lakazans. As entradas, nestes momentos, xa están esgotadas. Con todo, aínda estamos a tempo de coller billetes para o segundo día, cando tocarán Escuchando Elefantes, Fondo Norte, Dakidarría e Monoulious Dop.