The Umbrella Academy

Creador: Jeremy Slater
Guión: Steve Blackman, Mark Bomback, Rawson Marshall Thurber, Jeremy Slater, Sneha Koorse, Robert De Laurentiis, Ben Nedivi, Eric W. Phillips, Lauren Schmidt, Matt Wolpert (Cómic: Gerard Way, Gabriel Ba)
Fotografía: Craig Wrobleski, Neville Kidd
Ano: 2019
País: Estados Unidos

 

 

The Umbrella Academy

Creador: Jeremy Slater
Guión: Steve Blackman, Mark Bomback, Rawson Marshall Thurber, Jeremy Slater, Sneha Koorse, Robert De Laurentiis, Ben Nedivi, Eric W. Phillips, Lauren Schmidt, Matt Wolpert (Cómic: Gerard Way, Gabriel Ba)
Fotografía: Craig Wrobleski, Neville Kidd
Ano: 2019
País: Estados Unidos

 

by | Mar 18, 2019

‘The Umbrella Academy’: Un sopro de aire fresco

En 2019 xa resulta complicado que un produto que xira en torno á temática dos superheroes sorprenda. Xa van máis de dez anos dende que botou a andar o universo cinematográfico de Marvel, e mesmo antes xa se tiñan estreados filmes como o Spiderman de Sam Raimi en 2002 ou a primeira película de X-Men, coa que The Umbrella Academy pode gardar certas similitudes, no ano 2000. Tamén é certo que estas películas seguen a funcionar, a recente estrea de Capitana Marvel nos cines segue a batir records de recaudación. Parece que as historias de superheroes aínda teñen corda para rato, a pesares de que xa non sexan unha novidade.

Con todo, esta nova produción orixinal de Netflix é capaz de desmarcarse e crear unha identidade moi propia que lle permite diferenciarse do resto. The Umbrella Academy conta a historia dun grupo de rapaces con superpoderes que foron adoptados por un excéntrico multimillonario para entrenalos como superheroes e que puideran actuar como tal no futuro. Pero a premisa da serie está lonxe de esta situación, co tempo estes rapaces non se converteron nun grupo de superheroes ao estilo dos X-Men, senón nunha familia desestructurada e distanciada na que reinan os desacordos.

A un reparto do protagonismo tan coral súmanse personaxes secundarias que consiguen sobresaír e destacar como é o caso dos -ata certo punto- viláns Hazel e Cha-Cha, que contan coas súas propias subtramas, que reforzan o tono humorístico da serie. Ningunha historia de superheroes chega a ser completamente realista, aínda que houbera unha tendencia cara a esa dirección, especialmente tras a triloxía de Batman de Christopher Nolan. Pero no caso de The Umbrella Academy o realismo é algo que non se busca en ningún momento. De feito foxe conscientemente desta idea. Personaxes como os xa mencionados Hazel e Cha-Cha ou Pogo, o mordomo chimpancé que é capaz de falar cun impecable acento inglés buscan aportar eses momentos surrealistas.

Malia todo, The Umbrella Academy tamén ten seus defectos. A historia de Vanya, interpretada por Ellen Page, non resulta tan sorprendente ou inesperada como a propia serie semella pensar. Ademais, en determinados momentos notábase que os efectos especiais non estaban tan coidados como o poderían estar nun filme de Marvel, ou mesmo nalgunha das series que se realizaron tamén para Netflix como podería ser o caso de Daredevil. Mais toda a personalidade que desprende a historia e as personaxes de The Umbrella Academy así como outros detalles como a coidada selección da banda sonora fan dela un visionado moi recomendable.