by | Mar 20, 2019

Estreamos ‘Hoxe’, o novo dos Oh! Ayatollah

Hoxe é mércores 20 de marzo, e tamén Hoxe é o nome do novo tema de Oh! Ayatollah. Adiantámonos incluso a eles mesmos en compartir o tema nas nosas redes —co seu permiso, claro— para que todos poidades desfrutar del.

Dende un plano secuencia que segue sobre todo a Nuno, entraremos nunha festa na que o ambiente se irá caldeando cada vez máis. Non porque todo se lles vaia a todos os festeiros das mans, senón que son Nuno e Andrés os encargados de animar a festa en detemento do resto de invitados que, alucinados, observan como a situación continúa a empeorar.

O videoclip foi gravado o pasado día 7 de febreiro, para o cal o grupo compostelán buscou a través das súas redes sociais extras que participasen con eles en levar isto a cabo.  Hoxe foi gravada, producida e mesturada por Hevi no Laboratorio Soyuz, e masterizada por Cem Oral en Jammin’ Masters.

O tema continúa a liña que vimos no primeiro disco, e deixan claro que os Oh! Ayatollah son unha das bandas máis divertidas do noso país. Hoxe, igual ca onte, tivemos bastante de dar convosco.