by | Mar 26, 2019

O Sinsal comezará a quentar motores esta primavera

O Festival Sinsal ven de anunciar unha programación de primavera que celebrará na cidade de Vigo e que estará composta por catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Celebraranse dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello, nos que participarán o compositor residente en Los Ángeles Tashi Wada (14 de abril), presentando a súa nova formación en colaboración con Julia Holter e o percusionista Corey Fogel. Xuntos interpretan o último disco de Wada: «Nue». Por outra banda Dorian Wood interpretará a música de Chavela Vargas nun tributo baixo o título «Xavela Lux Aeterna» (18 abril).

A estes dous concertos súmanse dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio).