by | Mar 29, 2019

Morre a cineasta Agnès Varda

A cineasta francesa Agnès Varda faleceu este venres aos 90 anos. Varda foi unha das creadoras da Nouvelle Vague e pioneira do cinema feminista. Entre as súas obras máis destacadas están Sen teito nin lei pola que foi galardoada co León de Ouro, ou As praias de Agnès, coa que gañou o César en 2009. A carreira de Varda tamén foi recoñecida cun Oscar honorífico hai dous anos. Recentemente puidemos vela no documental Caras e lugares que realizou en 2017 e este mesmo ano está prevista a estrea da súa última película, Varda by Agnèsun documental autoreflexivo no que a cineasta fará unha retrospectiva sobre a súa propia vida e a súa carreira.