Mula

Dirección: Clint Eastwood
Guión: Nick Schenk (Artículo: Sam Dolnick)
Fotografía: Yves Bélanger
Música: Arturo Sandoval
Ano: 2018
País: Estados Unidos

 

 

Mula

Dirección: Clint Eastwood
Guión: Nick Schenk (Artículo: Sam Dolnick)
Fotografía: Yves Bélanger
Música: Arturo Sandoval
Ano: 2018
País: Estados Unidos

 

by | Abr 1, 2019

‘Mula’: Vestixios dun cine doutro tempo

Clint Eastwood é unha figura moi peculiar dentro da historia do cinema. Dende seus inicios foi cultivando esa pose de tipo duro, dende seus papeis en spaghetti westerns como os de Sergio Leone nos anos 60, ou a saga de Harry o sucio a partires dos 70. Esta imaxe do Clint Eastwood actor non distaba moito da súa personalidade detrás das cámaras. Eastwood nunca ocultou as súas ideas políticas conservadoras. Porén, tamén semella dar unha enorme importancia as cuestións morais, algo que o distancia considerablemente do perfil do republicano estadounidense de hoxe en día.

Clint Eastwood é polo tanto unha figura comprexa, e esto comezou a ser cada vez máis patente na súa última etapa como director. O respeto co que filmou ao bando inimigo dos Estados Unidos en Cartas dende Iwo Jima (2006) resultou especialmente sorprendente, así como o plantexamento que lle deu a temática do racismo en Gran Torino (2008). En Mula (2018) atopamos a un Clint Eastwood moito máis próximo a estas películas que ao doutros proxectos recentes como podería ser American Sniper (2014) ou -a outra película que filmou en 2018- 15:17 Tren a París.

Nesta historia na que Eastwood ademáis de dirixir retoma a actuación por primeira vez en case sete anos, interpreta a un ancián con problemas de cartos que, sen ser consciente nun primeiro momento do que estaba a facer, comezará a transportar droga no seu vehículo tras unha proposta de traballo. Rapidamente Earl Stone, o personaxe interpretado por Clint Eastwood, solucionará seus problemas de diñeiro, mais seguirá realizando estes transportes, mesmo coñecendo con que está a traficar, coa finalidade de gañar máis cartos.

Con todo, se ben esta trama é a que guía a maior parte do tempo da película, este non é o tema principal que trata, xa que a idea final que transmite a historia está máis vinculada coa subtrama familiar. Con Mula Eastwood conta unha historia de reconciliación persoal do protagonista coas súas persoas máis próximas. Unha historia cun caracter moi resolutivo e cun protagonista comprexo que comete numerosos erros pero que consegue unha certa redención final.

Trátase dunha película humilde, tanto pola súa temática como pola súa forma. Filmada sen grandes pretensións, Mula céntrase en contar a súa historia de maneira sinxela pero efectiva. No campo das actuacións, Eastwood é o protagonista absoluto, deixando pouco espazo para outros personaxes, entre os que destacaría unicamente o axente da DEA Colin Bates, interpretado por Bradley Cooper, que cumpre unha vez máis.

Non se trata da mellor película de Clint Eastwood, pero Mula si ocupa un oco entre os filmes máis destacables do actor e director estadounidense, algo reseñable tendo en conta a súa extensa filmografía. Películas como estas en 2019 síntense como un dos últimos vestixios dun cine doutro tempo, produto doutra sociedade que está a piques de desparecer, pero que sen lugar a dúbidas todavía logra amosar toda a súa forza expresiva.