by | Abr 10, 2019

Familia Caamagno presentan o seu novo LP o sábado 13 na Sala Capitol

Os sigüeirenses Familia Caamagno están de volta para o que é xa o seu terceiro LP, tres anos despois do seu Para Unha Vez Que Saímos. Con Había que intentalo chegan nove temas cheos de ritmos pop de retrousos pegadizos como poucos saben facer como eles. Trátase do traballo discográfico con máis contido ata a data de hoxe.

O novo LP foi gravado entre os días 2 e 7 de febreiro nos Estudos Circo Perrotti, de Xixón. Está producido, mesturado e masterizado por Jorge Explosion, salvo Canción Moderna de Occidente, producida, gravada e mesturada por Hevi no seu Laboratiroio Soyuz e masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters. Edita Folc Records, e o deseño da cuberta é de Leo Sousa.

A presentación oficial do álbum producirase o vindeiro sábado 13, na Sala Capitol ás 21 horas, onde estarán acompañados dos Oh! Ayatollah. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla a un prezo de 10 euros aos que sumarlle os gastos de xestión, ou na Reixa Tenda. En Billeteira estarán a 14 euros.