by | Abr 11, 2019

Este sábado celébrase o Record Store Day

Este sábado 13 de abril terá lugar a nivel internacional o Record Store Day, a xornada que busca celebrar a cultura das tendas de música independentes así como fomentar a visita a estas tendas nas que durante esta xornada haberá concertos, DJs e lanzamentos de discos exclusivos. Este ano polas estanterías das tendas poderanse atopar discos como a banda sonora da segunda tempada de Twin Peaks, nunca antes editada en vinilo, unha versión inédita do Blood on the Tracks de Bob Dylan ou unha reedición do Pin Ups de David Bowie, entre outras moitas publicacións que verán a luz este día.

As tendas de discos que celebrarán o Record Store Day en Galicia este sábado serán Discos Fans e Discoprecio en Santiago de Compostela, Discos Elepé e Honky Tonk Discos en Vigo, Peggy Records en Ourense e Don Disco en Lugo.

Podes consultar a listaxe completa de lanzamentos e de tendas participantes no Estado neste enlace.