by | Abr 13, 2019

Estreamos ‘DESPACITO V3’, o novo proxecto de GLITCHGIRL

Tras lanzar o ano o seu segundo longo, Royal Flush, unha das produtoras máis irreverentes da escena galega  volve cun proxecto diferente ao anterior, pero incluso máis interesante: Alicia, GLITCHGIRL, deixa atrás —en parte— o ‘bakalao con gritos’ que definiu os seus anteriores traballos para dar un paso máis alá para o seu terceiro traballo, DESPACITO V3.

DESPACITO V3 é un proxecto colaborativo, onde 29 artistas de todo o mundo, incluíndo moitos estatais e nacionais, cooperan con GLITCHGIRL para traer 29 temas dunha diversidade que mete medo. Remixes, covers e novidades esmáganse unhas entre outras para facer un traballo no que entraron cousas moi diferentes para crear un todo. A portada da compilación ven feita por Joaquin Guirao, quen tamén colabora nun dos temas.

Dende Balea temos a sorte de ofrecer en primicia esta nova proposta dun dos proxectos musicais máis únicos e sorprendentes que atopamos no noso país.