by | Abr 17, 2019

O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición ‘Flor Novoneyra’

O Museo Provincial de Lugo acollerá ata o 21 de xullo a exposición Flor Novoneyra coa que Antón Lamazares homenaxea ao escritor lucense. Esta mostra é un diálogo entre as obras do pintor de Lalín e os textos do Uxío Novoneyra, unha posta en común de imaxe e palabras. A exposición está comisariada por María Díaz Rey, directora da Galería About Art de Lugo, e coordinada pola Fundación Uxío Novoneyra.

A mostra do Museo de Lugo presenta unha antoloxía plástica cos versos de Novoneyra a través dunha selección de pinturas de Lamazares, así como unha mostra de caligramas orixinais de Uxío Novoneyra e unha aportación gráfica, bibliográfica e documental do poeta considerado un dos introductores da poesía caligráfica na Literatura galega.