by | Abr 24, 2019

O Poetry Slam Compostela celebrará a súa final no Teatro Principal

O Poetry Slam Compostela celebrará a súa final no Teatro Principal de Santiago de Compostela o día 23 de maio, na que participarán os gañadores das cinco datas anteriores celebradas no Riquela: Diego Negro, Nerea Mallo, Neves Seara, Paulo Maestro e Carmen Conde, que buscará revalidar o título acadado o ano pasado.

O gañador representará a Galicia na final estatal que reunirá a todos os vencedores dos diferentes slam de poesía ao longo do Estado. Neste tipo de competencia, os participantes teñen tres minutos para interpretar un poema e é o propio público quen valora a súa actuación. A entrada será libre e estarán dispoñibles no teatro dende o 20 de maio.