by | Abr 26, 2019

Chega aos cinemas ‘A Portuguesa’, coa presenza de Rita Azevedo en Compostela

Referente do Novo Cinema Portugués, Rita Azevedo Gomes trae a Galicia a súa última película A portuguesa (2018), baseada na historia orixinal de Robert Musil e que hoxe venres, 26 de abril, estréase en Compostela, Vigo, Ferrol e Lugo. Precisamente distribuída no Estado español por Numax Distribución, quen fixo o propio con outros títulos da autora: Correspondências (2016) e A vingança de uma mulher (2012).

A portuguesa xa se estreou en Portugal e pasou polo Festival de Berlín, o de Mar de Plata e no das Palmas de Gran Canaria gañou o galardón ao mellor filme. Nos pases de Compostela na sala Numax contarán coa presenza da directora co apoio do Instituto Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo.

A obra relata unha historia medieval sobre una muller portuguesa que casa cun señor guerreiro xermánico e debe aterse as normas da sociedade medieval que lle obrigan a ser unha muller paciente e honrar ao seu marido.