by | Mai 9, 2019

O Festival Noroeste anuncia novas confirmacións

Belako, Jello Biafra, Los Punsetes e Joe Crepúsculo son algunhas das novas confirmacións do Festival Noroeste Estrela Galicia, que se celebrará na Coruña entre o 6 e o 11 de agosto. Tamén pasan a formar parte do cartaz proxectos musicais galegos como Baiuca, Basanta, Electra, Holywater, Vos Amigos Dous Músicos, Pablo Lesuit, Pardo, Santi Araújo e Silvia Penide. Estes novos artistas súmanse a un cartaz no que xa estaban anunciadas Patti Smith an Band, Nathy Peluso, Soleá Morente, Andhrea & the Black Cast, Holly Miranda, Jenny an the Mexicats, As Antonias e Vudú.

En total, serán seis días de concertos e máis de 150 horas de música ao vivo sobre diferentes escenarios ubidados ao longo de toda A Coruña. O sábado 10 de agosto poderase ver na Praia de Riazor a Belako, que mesturan o son do punk con melodías accesibles e unha produción novidosa. Mentres que os estadounidenses Jello Biafra, considerados como unha lenda do movemento punk, súmanse ao cartaz do venres 9 en Riazor xunto a Patti Smith e Nathy Peluso. Pola súa banda, Joe Crepúsculo celebrará os dez anos co comezo da súa carreira cos seus sons bailables marca da casa, onde tamén sorprenderá o indie pop de Los Punsetes.