by | Xul 16, 2019

O Atlantic Fest voltará a encher a Illa de Arousa de música a próxima semana

Sempre coidei que os prólogos deberían deixarse para o final, xa que o consabido ánimo de spoiler estropea toda historia antes de comezala; a cousa cambia o atoparse un do outro lado, e con ánimo de vinganza poderíamos foder simplemente dicindo que o festi vai estar guai.

Soa algo cutre… pode, inda que coido normal sentirse incómodo o falar do Atlantic Fest, unicamente en termos de evento musical, ou coma simplemente un máis no dilatado panorama Galego de festivais de estío.

Palabras valeiras que desbordan, tan só falando do seu privilexiado entorno, a paradisíaca Illa de Arousa, atestada de singulares calas que bordean seu perímetro, cun parque natural e co millor da gastronomía da Ría mergullando as augas.

Somentes pola acampada de balde, a sombra dun bosque de piñeiros en liña coa praia Area da Secada, onde poder gozar de reconfortantes baños dende primeira hora da mañá, penso que isto xa paga a pena. Por tanto, falar unicamente en termos musicais do festival non lle fai xustiza algunha, polo que dende Balea entendémolo máis como unha experiencia  conxunta.

Pero estamos aquí pola música, esta nova edición, consolida o plantexamento marca da casa, con  interesantes sinerxías que destramente, apostan sobre seguro polo mais reputado do panorama indie estatal, con artistas, coma Love of Lesbian, Nacho Vegas, Dorian ou Los Planetas (celebrando bodas de prata). Na sinistra amosan unha man rompedora pero firme cun cartel, que abrirá as bocas dos máis entendidos no panorama emerxente, con bandas divertidas e diferentes coma Cupido, Cariño ou Las odio.

Un festi accesible e envexable, que fai pensar con sorna nos cool da capital, que, tolos deles, prefiren gastar cartos facendo un sol do carallo, (son os chamados heroes), saudamos pois, cervexa en man, flotando no clásico inchable- caimán dende augas atlánticas.

Como lees isto  vai estar guai, as experiencias non defraudan, e este e un festival que ofrece experiencias coma ningún outro, das que marcan, e perduran, producindo morriña, por haber compartido, en pleno verán, un tempo de calidade cos teus nun entorno incrible, e cunha banda sonora de fondo inolvidable, cousas que, parafraseando os Monty Python rematan por compoñer o sentido da vida.

Non resulta doado explicar un festi que non se asemella a ningún outro, así que millor non che conto máis nada, se cho estás a plantexar, non dubides que non tes plan millor do 26 o 28 de xullo, sexas de onde sexas, has de vir, e repetir.