by | Ago 8, 2019

Fotografías por Pedro Silva

Atlantic Fest 2019: Un mar de música

Un ano máis a máxica Illa de Arousa celebra o Atlantic Fest brindando a oportunidade de rematar o mes de xullo entre seus piñeiros e praias. O festival encontrou fai uns anos o equilibrio perfecto entre un entorno natural como o da illa e as últimas incorporacións ao panorama musical estatal nun recinto a pé de praia.

Nesta ocasión, apostaron por xuntar aos pais do indie estatal como Love of Lesbian e Los Planetas, así como os xa clásicos que se faltan doen, coma Dorian, Nacho Vegas ou La Bien Querida. Ademais, o festival triunfa un ano máis amosando caras novas pero coñecidas xa que enchen os festivais de verán. Cariño, La Zowi, Hickeys, Las Odio e moitos máis xóvenes creativos que buscan o seu oco ao lado das grandes lendas.

As primeiras voces que resoaron no lusco-fusco do venres viñan co xa clásico auto-tune que caracteriza a música trap. Aínda así aínda hai quen se lle resiste como é o caso de Cariño, tres rapazas que xuntaron o seu carisma no barrio de Lavapiés en Madrid fai un ano, e nun curto pero festivo concerto conseguiron dar inicio a un festival cheo de actuacións inesperadas.

A noite púxose tonta ao ritmo repugnante e namoradizo de Cupido, que a modo de deterxente supón unha nova formula mellorada unindo o trap mediático de Pimp flaco coa banda Solo  Astra, sons que facilmente chegan con letras pegadizas, bailables e que invitan a reflexión sarcástico-amorosa. O feito de xuntar nun mesmo saco a bandas consagradísimas do panorama indie estatal con propostas máis politicamente incorrectas seguro deixaron a máis de un cos beizos abertos. E si, non podemos falar doutra que da Zowi, auto denominada “La Zowi Puta”, quen puxo o broche a noite.

Coma un puño na mandíbula, contíñamos o sorriso mirando de esguello aos seguidores de Love of Lesbian e imaxinando o que lles estaba a piques de caer enrriba. Pero non tiñamos imaxinación dabondo e tanto tiña, xa que os fans acabamos flipando coa súa “performance”. E non foi para menos. No que durou o concerto non sabías se estabas a presenciar un show adaptado do clásico de Verhoeven Show Girls ou unha rapaza que “non é a millor pero sempre gaña”, chamando a atención como a queen do barrio e reivindicando o trap feminino, sexa cal sexa o prezo a pagar.

A Zowi e as suas zowies rabiosas fixeron que a perfecta e empática actuación de  Cupido soase decafeinada, Por sorte, estes foron primeiro. Non obstante, botouse en falta a mala baba do trapeiro que foi. Para o final da noite, o podium de incredulidade quedou sen dúbida  para La Zowi.

De día todo se ve mellor, e pese as horas de chuvia o sábado abriuse nunha xornada soleada para recibir así as novísimas catalanas Mourn. Dúas das integrantes do grupo fillas de Ramón Rodríguez, máis coñecido como The New Raemon, que se deixou escoitar máis tarde no mesmo escenario. Pero hai que recoñecer que a xuventude infinita delas, a viveza e o impoluto bolo que fixeron non teñen nada que envexar ao do seu pai, estade pendentes porque isto promete.

Inmediatamente despois, a gran sorpresa do día foi o neocelandés Marlon Williams, a quen xa víramos despregar súa maxia e magnetismo o pasado verán no Paredes de Coura, pese a estar lonxe do seu público natal, o artista invitado máis internacional non defrauda. A calidade deste músico é inigualable (síntoo polos que viñan despois); sons chegados dos mesmísimos anos cincuenta a vez que a súa prodixiosa voz, levitaba entre lamento e romanticismo, unha auténtica marabilla sen dúbida.

A verdade e naturalidade deste festival da Illa de Arousa está nos pequenos detalles, e tamén nos pequenos escenarios polos que pasaron as Hickeys, rompedoras, aplastantes, ritmos garaxeiros que nos retrotraen a épocas máis salvaxes e desenfadadas, o seu “glitter  punk”  desafía as leis da música, non deixaron nin unha porción da súa esencia na casa. Foi pequena pero fabulosa a súa actuación.

O baile correu a cargo de Joe Crepusculo. Dende logo a súa máquina de baile foi moito para os nosos corazóns pequenos, e poderíamos haber estado bailando toda a noite, xa en modo after party, mais non obstante aínda quedaban regalos por abrir.

Se ben os Planetas desempeñaron probablemente unha das mellores actuacións da súa carreira, cunha voz excepcionalmente nítida de J. Sentoulles ben o de cumprir anos, e pode que atrás quedaran os excesos dos “cumpreanos totais” do pasado, achegándose por fin a unha madurez da que poderiamos esperar nestes anos novas cotas de calidade.

Love of Lesbian despediu unha noite brillante co consabido show pensado o milímetro, deixando se acaso pequeno ápice a improvisación e a sorpresa coa presenza de Iván Ferreiro no escenario, xa volo viñamos anunciando, este é un festival de experiencias e había que estar aí para sentilo.