by | Set 10, 2019

Conta atrás para unha nova edición do WOS

O programa troncal de música e artes visuais e tecnolóxicas desta edición do WOS Festival inclúe nomes como Drew Mcdowall, Plaid, Loscil, Holly Herndon, Rafael Anton Irisarri, Amnesia Scanner ou Gazelle Twin entre outros. A lista completa de artistas, así como todos os horarios, pode ser consultada na web do festival.

O festival comenza mañá cun concerto inaugural da pianista Mariña Herlop nun novo espazo, o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. O xoves o programa WOS Showcase x Jägermusic ofrecerá unha selección de artistas galegos destacados na produción contemporánea. E venres e sábado pechará as noites WOS Clubbing x Capitol, con djs como Kode9 ou Elena Colombi b2b Olivia e que este ano como novidade contará coa posibilidade de adquirir unha entrada independente.

Tamén os programas de WOS Cinema x NUMAX, con tres proxeccións en torno á arte sonora e música experimental (‘Ryuichi Sakamoto: Coda’, a estrea no Estado do primeiro capítulo documental sobre John Zorn filmado por Mathieu Amalric, e o filme galego ‘7 Limbos’) e de WOS Talks x Fest Galicia, con seis mesas de entrada libre que terán lugar na Cidade da Cultura, o Centro Galego de Arte Contemporánea e a Sede Afundación Santiago, que inclúe encontros co enxeñeiro informático e artista Renick Bell e o ex-Coil Drew Mcdowall.

Os abonos Weekend (venres, sábado e domingo) e Premium (acceso ao cinco días de festival) aínda poden ser adquiridos na web do festival.