by | Set 30, 2019

A xira de Godspeed You! Black Emperor pasará por Compostela

A próxima xira europea de Godspeed You! Black Emperor contará con máis de 10 citas de concertos nas que Efrim Menuck e os seus pasarán por Santiago de Compostela o 11 de novembro, cun concerto na Sala Capitol as 21 horas. As entradas xa están á venda para todos estes directos, en Santiago a un prezo de 22 euros.

Fundados en Montreal (Canadá) en 1994, Godspeed You! Black Emperor levan máis de dúas longas décadas forxándose un nome no sector post rockeiro grazas unha sobriedade e unha excelencia instrumental única na súa especie. Até o momento o octeto editou sete referencias discográficas diferentes, sendo a máis recente o disco «Luciferian Towers», que o conxunto publicou fai cuestión de dous anos (2017).