O Hotel á Beira do Río

Dirección: Hong Sang-Soo
Guión: Hong Sang-Soo
Fotografía: Kim Hyeong-Gyu
Música: Varios
Ano: 2018
País: Corea do Sur

O Hotel á Beira do Río

Dirección: Hong Sang-soo
Guión: Hong Sang-soo
Fotografía: Kim Hyeong-Gyu
Música: Dalpalan
Ano: 2018
País: Corea do Sur

by | Out 4, 2019

O Hotel á Beira do Río: Como te despedirías dos teus seres queridos se foses morrer?

O cinema coreano é un dos que máis focos está a acaparar nos circuíto internacional durante os últimos anos. Hotel á beira do río é a nova película de Bong Joon-ho, director que previamente xa se fixera un nome con obras como Okja. Outros autores como Lee Chang últimos anos. Proba disto é a Palma de Ouro do Festival de Cannes deste ano para Parasite, a Dong ou Yeon Sang-Ho foron recoñecidos mundialmente nos últimos anos por Burning e Train to Busan respectivamente.

Quédanme no tinteiro outros autores con gran fama como Park Chan-Wook (Oldboy) ou Kim Ki-Duk, ao que se podería considerar como un pioneiro na presencia do cinema coreano en festivais internacionais con películas como Samaritan Girl. Pero estas liñas están dedicadas ao novo filme de Hong Sang-Soo, O hotel á beira do río, quizais o director que se encadra neste grupo menos mediático, que necesita menos infraestrutura para facer unha película é sen lugar a dúbidas o máis prolífico, con cinco películas estreadas en pouco máis de dous anos.

Este filme é unha obra de madurez na extensa filmografía do autor coreano. Trátanse temas moi recorrentes nas súas historias, como pode ser o amor ou a separación, aínda que neste caso o punto central é a dificultade de dicir adeus. O complicado que pode chegar a ser despedirse da vida, da familia, dunha parella ou aceptar que o teu punto vital non é o mesmo que fai un tempo. Tamén explora como afrontar os problemas en diferentes contextos e etapas e como os punto de vista cambian segundo as circunstancias.

UN GUIÓN SOBRESAÍNTE

A nivel estrutural fai un exercicio moi interesante. Conta a historia a partir de dúas situacións que comezan en habitacións diferentes do hotel onde se desenvolve a meirande parte da obra. Nunha un recoñecido poeta, que presinte que a súa morte está preto a pesar de non ter ningunha enfermidade, convoca aos seus fillos cos que apenas ten relación. Por outra banda, dúas mulleres tentan superar o desengano amoroso dunha delas.

O que en principio non ten nada que ver menos a localización común, comeza unirse a través de elementos casuais pero tremendamente verosímiles grazas a un guión que é o máis destacable da película. Os elementos fóra de plano adquiren unha gran valor narrativo xa non só a través da relación das personaxes entre si, senón coa interacción dos mesmos con elementos da contorna creando metáforas tan reveladoras como sutís.

UNHA HISTORIA CON MOITAS CAPAS

A posta en escena xoga en favor do que se quere contar en todo momento, cun branco e negro moi brillante por mor da paisaxe nevada que impregna a zona onde se desenvolve a longametraxe. Como é habitual, Hong Sang-Soo utiliza minimalismo para contar a súa historia: Pouco máis de cinco localizacións austeras e unha cámara fixa constante que permite xogar co plano e facer panorámicas que narran máis polo que intúen que polo que amosan.

A pesar de parecer moi simple, a historia ten unha gran cantidade de capas desveladas pouco a pouco e ocultas entre os diálogos e as accións dos personaxes. Todo isto amparado por unha gran interpretación do reparto sen a cal a película non tería nin a metade de valor. Os xestos no momento xusto, as miradas ou a entoación xogan un papel enorme no desempeño interpretativo dadas as características do filme.

O hotel á beira do río lembra ao cinema de Bergman sen perder a autoría de Hong Sang-Soo. O director non renuncia á introducir os elementos de comedia que impregnan á meirande parte das súas obras aínda que si prescinde do seu característico metacine. Non obstante, a vinculación con outros tipos de arte fan un resultado tan poético como a obra do seu protagonista. É unha película con moita sensibilidade e impregnada en simbolismos coreanos que dende occidente ás veces poden costar un chisco comprender, pero que dende logo fan desta película un produto profundo e interesante.