Categoría: Libros

‘Natura’: a gran novela distópica galega

Natura é unha desas novelas que non hai que perder e que están chamadas a converterse en clásicos contemporáneos das nosas letras. Non cabe dúbida de que Iolanda Zúñiga é unha das voces máis interesantes da literatura actual, un talento incontestable que en Natura acada o seu summum e que abre novas e moi interesantes vías para a novela galega.

Read More

‘Besta do seu sangue’: unha engaiolante viaxe ás entrañas da psicopatía

Besta do seu sangue recorre a unha formidable técnica narrativa que mide as palabras pero non escatima en sorpresas. A ambigüidade e o lirismo, potenciados por unha buscada e acertada concisión, poñen a proba as expectativas do lectorado, que asiste a unha reinvención nada convencional do mito, repleta de imaxes poderosas e suxerentes e definida por unha marcada dualidade na caracterización do seu personaxe principal, que racha coa representación estereotipada da do asasino en serie ao mesmo tempo que engade unha moi interesante ollada de xénero.

Read More
Loading
Subscríbete ao noso boletín de novidades!

Subscríbete ao noso boletín de novidades!

Balea Cultural son novas, crónicas, críticas e entrevistas. Tentamos encher o noso portal de toda a música, o cine e a literatura que poidamos, e sempre que podemos tentamos darlle unha visión crítica a aquelo do que estamos a falar. En síntese, cultura galega e cultura en galego.

Se non queres perderte ningunha das nosas novidades, únete ao noso boletín para permitinos manterte ao día.

Grazas por subscribirte!