10 películas para reivindicar o 1 de maio (e o resto do ano tamén)

O acoirazado Potemkin

Serguéi Eisenstein

1925

Dispoñible en Filmin

Ademais de ser un dos filmes máis influíntes da historia do cinema, nesta longrametraxe Einsenstein narra a rebelión dos mariñeiros de 1905 contra os seus oficiais. Os traballadores alzáronse en loita cansos do trato vexatorio e inxusto dos seus patróns nunha protesta en Odesa que pronto se estendeu polo país.

A Fábrica de Nada

Pedro Pinho

2017

Dispoñible en Filmin

A cuarta película do portugués Pedro Pinho é un dos filmes máis interesantes do cinema con mensaxe dos últimos anos. Tan radical no fondo como na forma fundamenta a súa crítica do sistema capitalista nos empresarios tratando aos seus empregados como gando manipulable e transmitindo un discurso hexemónico de abundancia de oportunidades onde soamente se atopa miseria.  

Os luns ao Sol

Fernando León de Aranoa

2002

Dispoñible en Filmin

Este é Un deses filmes que quedan na retina do espectador. Neste é caso un retrato do que supuxo a reconversión industrial para as clases populares do Estado español. Unha frustración e desesperanza que a cidadanía galega viviu en primeira persoa. Dirixida por Fernando León de Aranoa e protagonizada por Javier Bardem, esta película foi rodada en Vigo.

Matria

Álvaro Gago

2017

Dispoñible en Vimeo e Filmin

Esta curtametraxe de Álvaro Gago premiado no prestixioso festival de Sundance é unha das grandes obras do cinema galego. Desminte o matriarcado na sociedades galegas -e por extensión das non galegas- facendo unha denuncia clara da dobre explotación que sofren as mulleres: No eido laboral e no entorno doméstico.

Sorry We Missed You

Ken Loach

2019

Dende logo que Sorry We Missed You nin tan sequera se acerca ao mellor da filmografía de Ken Loach, mais si trata un tema moi actual. Narra como nun entorno laboral postindustrial a proliferación de empresas como Glovo (ou outras moitas que seguen o seu modelo laboral) son unha aberración dende o punto de vista dos dereitos do traballador.

The Florida Project

Sean Baker

2017

En The Florida Project non hai fábricas nin folgas, mais si mostra unha realidade moi amarga. Dende o punto de vista da infancia, o filme de Sean Baker explora como é a vida cando as condicións materiais non son as óptimas. A supervivencia que é a vida cando non hai ninguén que te axude por detrás.

Teito e comida

Juan Miguel del Catillo

2015

Dispoñible en Prime Video e Filmin

No mesma liña que o anterior filme da lista, esta película vai dunha nai que é obrigada a facer accións cuestionables para garantir a manutención do seu fillo. Nesta ocasión únese a problemática un problema tan de actualidade como o aluguer, xa que os problemas comezan a acumularse cando unha orde desafiuzamento ameaza con deixalos na rúa.

Billy Elliot

Stephen Daldry

2000

Dispoñible en Prime Video

Billy Elliot é desas películas que pasaron a formar parte da cultura popular, mais en moitas ocasións non se repara da grande mensaxe político que lanza ademais do obvio. O pai e o irmán de Billy participan na folga organizada polos mineiros do Reino Unido no 1984 e 1985 contra as políticas neoliberais de Margaret Thatcher. Unha obra que deixa secuencias para a lembranza.

Días de Gloria

Jacques Tourneur

1944

Aínda que pareza increíble, no século XX tamén se fixeron filmes cun marcado descurso prosoviético no Estados Unidos. Antes da caza de bruxas e do macartismo, estrouse Días de Gloria, un filme que trata sobre a resistencia soviética contra a invasión nazi. Un filme onde as mortes son todo o contrario a anónimas e a identificación é total contra a barbarie.

A clase obreira vai ao paraíso

Elio Petri

1971

Esta película de Elio Petri destaca dentro do cine político e de denuncia que se instalou en italia no século XX con directores tan emblemáticos como Pasolini o Bertolucci. Nesta ocasión móstrase a un traballador nun primeiro momento totalmente alienado que vai tomando progresivamente conciencia de clase ata cambiar totalmente a visión das súas condicións vitais. Un clásico de obrigado visionado.

Pódeche interesar...
O Melona Fest trasládase a outono