10 películas que non lle gustarían a Francisco Franco de estar vivo

Tal día como hoxe en 1975 falecía un tal Francisco Franco Bahamonde. Non sabemos cales eran as súas películas favoritas pero estamos bastante seguros de que estes dez filmes nunca se atoparían entre elas.

Novecento

Bernardo Bertolucci

Italia, 1976

Unha das grandes películas de Bertolucci, un dos mellores expoñentes do neorrealismo italiano tardío na que probablemente mellor se ve a loita de clases. De seis horas de duración e protagonizada por Robert de Niro é unha desas películas incombustibles no tempo e un posicionamento ideolóxico moi claro. Ademais, conta coa banda sonora dun Enio Morricone que da forma a un dos grandes filmes do director falecido o ano pasado.

I, Daniel Blake

Ken Loach

Reino Unido, 2016

Ken Loach é un dos directores contemporáneos que máis presente ten á clase traballadora e mellor analiza a realidade. Se coa súa última película Sorry We Missed You fala moi atinadamente do traballo postfordista, neste caso explora como o sistema capitalista ten a produtividade como bandeira a pesar das circunstancias dos seus cidadáns e a necesidade dunha sanidade pública de calidade. Unha das súas grandes obras coas que colleito a Palma de Ouro no Festival de Cannes.

Salvador

Manuel Huerga

España, 2006

Salvador Puig Antic foi un dos últimos executados por Francisco Franco no 1974. Interpretada por Daniel Bruhl e dirixida por Manuel Huega, ganou entre outros premios o galardón a Mellor Guión Adaptado nos Premios Goya. Unha gran película sobre un dos maiores símbolos de que o fascismo é máis que simboloxía e palabras baleiras.

O silencio de outros

Almudena Carracedo, Robert Bahar

España, 2018

O filme máis actual de toda a lista e probablemente o que representa a situación con máis anos de antigüidade. Este documental representa a busca durante anos dos seus familiares nas cunetas do Estado español. Esa eterna loita que se ampara nunha Lei de Memoria Histórica que non se respecta e que xoga cos sentimentos de moitas familias. Un tan duro e frontal como necesario.

Os santos inocentes

Mario Camus

España, 1984

Esta adaptación dunha novela de Miguel Delibes trata dunha familia de campesiños da zona rural de Extremadura durante os anos sesenta con todas as circunstancias materiais que iso implica. Protagonizado por Alfredo Landa representa en primeira carne a represión, explotación e miseria dos parias durante o franquismo. Unha representación brutal e visceral de vivir nesas condicións. Unha desas obras que deixan marca.

O gran ditador

Charles Chaplin

Estados Unidos, 1940

Charles Chaplin é unha das iconas máis recoñecibles da historia do cinema. No 1940 sacou á luz O gran ditador, un dos filmes que se consideran como grandes referentes no antifascismo. Chaplin condena sen ambigüidades o nazismo e o antisemitismo de Hitler interpretando os dous papeis principais: O ditador e o barbeiro xudeu perseguido.

Antz

Eric Darnell, Tim Johnson

Estados Unidos, 1998

Xa sabemos que esta vai chocar, xa que nun primeiro momento este filme de animación cun target infantil non parece ter especial transcendencia. O primeiro que recomendamos é un revisionado e en segundo lugar gozar co transfundo e a visión de clase que ten ese filme. Será unha película para nenos, pero os nosos fillos merécense filmes que funcionen como entretemento pero que tamén os eduquen con valores.

Os luns ao sol

Fernando León de Aranoa

España, 2002

Un deses filmes que quedan na retina do espectador. Neste caso un retrato do que supuxo a reconversión industrial para as clases populares do Estado español. Unha frustración e desesperanza que a cidadanía galega viviu en primeira persoa. Dirixida por Fernando León de Aranoa e protagonizada por Javier Bardem foi rodada en Vigo.

Persépolis

Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud

Francia, 2007

Este filme de animación dirixida por Marjane Sartrapi que conta a historia -dende a óptica dunha nena- do feitos que conduciron ao extremismo islámico no país. Hai bastantes filmes que tratan este tema pero o que diferencia a este dos demais, ademais do precioso arte que posúe é un enfoque, é que non ten medo a mirar o que era Oriente Medio antes da caída da Unión Soviética e facer unha análise honesto do mesmo.

Machuca

Andrés Wood

Chile, 2004

No últimos tempos diversos lugares de Latinoamérica son noticia polas revoltas populares en contra de gobernos de dereita ou golpes militares. Entre eles Chile. Machuca trata os derradeiros días de Allende como presidente do país e do Golpe de Estado que deu Pinochet e que a día de hoxe a sociedade chilena aínda vive.

Pódeche interesar...
As distintas caras de Blade Runner