A serie ‘Auga Seca’ chegará ao catálogo de HBO

Tratarase da primeira serie en lingua galega que se poderá ver nesta plataforma de streaming

Auga Seca, un thriller de seis capítulos en torno ao mundo do tráfico de armas, rodado en Vigo e Lisboa, incorpórase ao catálogo de HBO España e HBO Portugal. Logo da súa estrea mundial na última edición do MIPCOM de Cannes o pasado outubro e unha gran acollida da audiencia en RTP e TVG, a serie, creada por Alfonso Blanco e protagonizada por Victoria Guerra, Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, terá dispoñibles todos os seus episodios para os subscritores da plataforma nos dous países a partir do 1 de abril.

Rodada orixinalmente en galego e en portugués, baixo a premisa do realismo e a naturalidade, que fai que as personaxes de cada un dos dous lados da fronteira falen na súa lingua, Auga Seca é a primeira serie en lingua galega que se incorpora ao catálogo da plataforma. Coa incorporación ao catálogo de HBO España e Portugal desta ficción, desenvolvida pola produtora galega Portocabo e coproducida xunto á portuguesa SP-i, Auga Seca avanza na súa difusión internacional a través da distribuidora británica DCD Rights.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.