As ‘Mulleriñas’ de Greta Gerwig

A directora é responsable dun filme que pon enriba da mesa o que debería ser unha adaptación.

Greta Gerwig tiña un gran reto por diante á hora de dirixir este filme. Adaptar un clásico moderno da literatura como Mulleriñas é unha tarefa que non todo o mundo ten a capacidade (ou a consciencia) de emprender. Hai que ter en conta que a meirande parte do público coñece a historia orixinal e que xa hai máis dunha película que adapta o relato, máis o resultado en canto a adaptación en si, este é unha adaptación absolutamente exemplar.

Porque é necesario preguntarse que é o que fai boa a unha adaptación. A resposta tan repetida pregunta é simple é concisa: Ser unha boa adaptación, implica que ser unha boa película, nin máis nin menos. Non é necesario valorar fidelidade co material orixinal senón premiar a valentía e a capacidade do director para facer súa a obra e darlle unha personalidade única.

GERWIG DEMOSTRA TALENTO

E que Gerwig tiña talento xa era algo totalmente demostrado cos seus anteriores traballos, mais en Mulleriñas demostra unha grande intelixencia á hora de construír o relato. Fuxe do relato secuencial presente na obra orixinal e constrúe dúas liñas temporais separadas por sete anos de diferencia. Crea un crebacabezas simple pero efectivo que converte un relato manido nunha obra moi plástica.

Esta decisión reforza os momentos dramáticos dun xeito nunca antes visto nas diferentes versións da obra e incorpora un dinamismo marca da casa. Estas Mulleriñas son claramente de Greta Gerwig, e é a maior loa que se lle pode facer á longametraxe.

Ademais, a nivel formal é moi suxerinte. As dúas partes do relato están diferenciadas a través da fotografía. O pasado está representado cunha paleta de colores cálidos representando unha época incluso idealizada onde as personaxes foron felices, case cun ton onírico por momentos, mentres o presente está representado con cores fríos. Un azul triste que é maior baño de realidade que calquera diálogo.

UNHA ACTUALIZACIÓN FEMINISTA

O filme é absolutamente fillo do seu tempo. Merca e fai súa a interpretación da obra orixinal como un relato de índole feminista, tal e como se leva reivindicando os últimos anos. O resultado é unha historia indubidablemente clasicista pero depurada neste sentido. Se ben, é verdade que no puramente narrativo esta decisión nalgunha ocasión xoga en contra no filme, é a actualización definitiva do relato ao século vinte e un.

Aínda así, non renuncia a historia orixinal entre as catro irmás que todos coñecemos aínda que lle da outra dimensión e importancia a personaxes maltratadas noutro momento como Amy (Florence Pugh) ou Beth (Eliza Escanden). Para o papel de de Jo foi elixida unha Saoirse Ronan que xa se pode considerar fetiche para a directora e que fai unha actuación a moito nivel e chea de matices. Por outra banda, interpretando a Laurie atópase un Thimotee Chamalet completamente sobreactuado que rompe co ton do filme. Resulta incomprensible este resultado vendo outras interpretadas por el, pero a realidade é que fai frouxo ao conxunto.

UN FINAL APURADO

Outro aspecto negativo é a parte final, que parece atropelada e queda a sensación de que o montaxe que destacou en todo momento por ser impecable, erra por querer rematar o filme antes de tempo. Ademais, a banda sonora composta por Alexandre Desplat é fantástica musicalmente e evoca un clasicismo inherente no filme, pero na súa implementación é excesiva por momentos, demasiado constante e intensa. Se todo o que se ve está a flor de pel, pérdese o sorprendente e o emotivo.

En definitiva, Mulleriñas é unha grata sorpresa que, aínda que cos seus erros, demostra o que ten que ser unha adaptación cinematográfica, é dicir, o que queira que sexa o director. Greta Gerwig  unha vez máis demostra personalidade e un gran talento. Esta actualización dun relato por todos coñecido é un sopro de aire fresco nun mundo ás veces demasiado cohibido.

Dirección: Greta Gerwig
Guión: Greta Gerwig
Fotografía: Yorick Le Saux Jr.
Música: Alexandre Desplat
Ano: 2019
País: Estados Unidos
3.5
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.