Buscando a Alaska: O que doe respirar cando de súpeto es adulto

O novo drama xuvenil de HBO funciona, pero ten eivas estruturais que o lastran

Un incidente grave, unha conta atrás que comeza e un rapaz que lle gustan as últimas palabras dos personaxes famosos. Así comeza Buscando a Alaska, a adaptación de HBO da novela de James Green, autor coñecido por Baixo a Mesma Estrela. Miles, o protagonista decide ingresar en Culver Creek, un instituto internado de carácter bucólico no estético dos seu paisaxe e onde o a honra e as bromas son os dous piares sagrados dos seus alumnos.

A serie, a pesar de ter elementos singulares, traballa sobre os arquetipos de personaxes das series sobre adolescentes. O protagonista retraído que se namora da rapaza atractiva do grupo, un oriental intelixente e unha man dereita do novo alumno sendo a voz cantante en canto a aventuras se refire. Para ser xustos, existe un esforzo en dar unha certa profundidade a estes adolescentes a través de reclamacións políticas como o feminismo ou a loita racial. Iso si, son temas tratados coa superficialidade dun discurso baleiro na meirande parte de ocasións.

Culver Creek é un lugar moi interesante. En moitos sentidos parece que podería dar máis de si, pero o protagonismo que cobra na primeira parte da serie é das cousas máis destacables da obra. Os grupos de amigos neste instituto son practicamente grupos paramilitares das bromas pesadas. Esta milicia das tensións é en ocasións realmente emocionante e deixa tras de si momentos tan orixinais como divertidos.

UN XIRO XA ANUNCIADO

Unha vez remata a conta atrás, a serie cambia. Un suceso irreversible cambiará. A serie retrata moi ben a traxedia. As contradicións internas que asoman a cabeza en momentos complicados e como aceptar as malas novas é case máis traumático que as problemáticas de por si. Neste momento é onde trata con gran respecto a todos e cada un dos seus personaxes, demostrando ser unha serie madura cando na meirande parte do tempo todo parecía indicar o contrario.

Entre outras cousas polo guión, o apartado onde máis menos destaca Buscando a Alaska. Non peca de pretensiosa, todo o contrario, pero as resolucións dos problemas son en moitas ocasións previsibles e incluso preguiceiras. Por outra banda, hai ocasións onde os personaxes teñen conflitos ou cambian de parecer sen que estivese xustificado previamente ou cunha présa que afecta a narración. Sen tempo non hai evolución. Todo isto sustentado nun montaxe non sempre tan eficaz como debería. Da a sensación de que se cortaron secuencias non fundamentais para os acontecementos, pero si necesarias para deixar respirar á narración.

UNHA ESTÉTICA NOTABLE

Se non fora polo gran xiro de guión anunciado na primeira secuencia da película -aínda que non por iso doe menos- a serie diferenciaríase doutras do seu xénero en pouco máis que o intento de ir máis aló tanto na dirección como na fotografía, cuns encadres moi coidados e unha aparencia estética notable se se teñen en conta as series similares. Ademais, a banda sonora ten un uso bastante destacable aínda que non sobresaliente.

Buscando a Alaska é a busca dun gran quizais e é posible que por iso en ocasións estea tan perdida como os seus protagonistas. Iso si, aínda que sexa conveniente destacar súas eivas, funciona. Resulta un produto entretido e incluso por momentos emocionante e o suficientemente profundo. Non é a serie do ano, pero afortunadamente tampouco busca selo. Asumir a túa condición é realmente complicado, e é de alabar. Ten alma de adolescente dun estudante de instituto que sobrevive ás súas contradicións e ao difícil que é en ocasións vivir no mundo.

Buscando a Alaska
Creador: Josh Schwartz,
Guión: Josh Schwartz, Ashley Wigfield, Sarah Polley
Fotografía: Ramsey Nickell
Música: Varios
Ano: 2019
País: Estados Unidos
3
Pódeche interesar...
O Que Arde é Galicia… E por unha vez de emoción