Cineuropa 32 arranca reivindicando o papel social do cinema

O festival vendeu a redor de 6.500 entradas en menos de 24 horas

A nova edición do Cineuropa, que xa lograra vender 6.500 entradas antes da proxección do primeiro filme, comezou este mércores cun acto de presentación ao que acudiron autoridades como o alcalde de Santiago. Martiño Noriega, que gabou ao festival e asegurou que é un evento que se mimetiza coa maneira de ser da cidade. Noriega tamén afirmou que “se pensamos en novembro nesta cidade pensamos en Cineuropa”. Pola súa parte, a vicepresidenta da Diputación da Coruña, Goretti Sanmartín, puxo o énfase na importancia da ollada crítica das películas, asegurando que o cine é unha xanela aberta ao debate e reflexión.

Nesta mesma liña José Luis Losa, director do festival, que indicou que “temos vocación de ser unha pantalla de cine democrática”, adicando tamén as súas palabras a reflexionar sobre a crecente presenza de plataformas de vídeo on demand, lamentando que filmes tan destacables como Roma de Alfonso Cuarón, pudieron verses en pantallas de cine en algúns festivais, pero que máis alá deste elitismo, a grande parte do público terá que velo na televisión ou no ordenador mediante Netflix.

A presentación tamén contou cunha actuación musical por parte da cantante Queyi, acompañando imaxes da pelñicula Conversaciones Alrededor De Un Piano Que Vino De Europa. Unha vez concluído este acto celebrado como de costume no Teatro Principal de Compostela, proxectouse neste mesmo espazo a película inauguralLa noche de 12 años, dirixida por Álvaro Brechner, quen tamén participou da presentacióm asegurando que estaba “orgulloso de presentar unha película que abre un festival como este”.

Pódeche interesar...
O cinema galego pon Lugo no mapa