Deberían os Oscar incluír a categoría de "Película popular"?

A nomeación aos Oscar é unha marca que precede. Sen embargo, este ano o filme que máis deu que falar entre a listaxe das nomeadas foi Black Panther. Esta película de Marvel coouse dalgunha maneira entre as nomeadas a mellor filme, como xa fixera previamente nos Globos de Ouro, algo que levantou numerosas críticas do público ao non ser considerada para algúns nin o mellor filme de superheroes do 2018.

Esta nomeación fai que lembremos o anuncio dos Oscar da súa intención de crear unha categoría de “Filme máis popular”, idea que foi abandonada tras as críticas recibidas nas redes. Pola contra, a nomeación de Black Panther, filme máis taquilleiro do ano nos Estados Unidos, semella atender a este criterio. Ante esta situación, non sería preferible que os premios máis recoñecidos da industria do cinema incluísen esta nova categoría para así evitar rebaixar o prestixio do galardón a mellor película? Pode que si, pero só o tempo dirá se os Oscar retoman a súa idea inicial ou continúan co formato actual de cara a tratar de levantar as audiencias dunha gala que cada ano perde máis audiencia.

Máis aló disto, entre as nomeacións destaca Roma de Alfonso Cuarón que opta a 10 estatuíñas, entre elas mellor longametraxe, mellor director, guión, fotografía, mellor filme de fala non inglesa e as candidatas Yalitza Aparicio como mellor actriz e Marina de Tavira en actriz secundaria. Na categoría de mellor dirección destacan tres estranxeiros: o grego Yorgos Lanthimos por A favorita, o mexicano Cuarón por Roma e o polaco Pawel Pawlikowski por Cold War, ademais de Adam Mckay por O vicio do poder e Spike Lee por Infiltrado no KKKlan. Unha edición máis sen ningún nome feminino dento desta categoría, quedando fóra directoras como Marielle Heller con Poderás perdoarme algún día?, Debra Granik por Non deixes rastro ou mesmo Lynne Ramsay e a súa En realidade, nunca estiveches aquí.

Unha das sorpresas foi a nomeación de Rodrigo Sorogoyen dentro da categoría mellor curta de ficción con Madre. Convertese así na oitava curtametraxe española que opta a este galardón. Quédase ás portas o documental El silencio de otros de Almudena Carracedo.

Listaxe de nomeados:
MELLOR FILME

  • Black Panther
  • Infiltrado no KKKlan
  • Bohemian Rhapsody
  • A Favorita
  • Green Book
  • Roma
  • Naceu unha estrela
  • O vicio do poder

MELLOR DIRECTOR

  • Adam McKay, por ‘O vicio do poder’
  • Alfonso Cuarón, por ‘Roma’
  • Spike Lee, por ‘Infiltrado no KKKlan’
  • Pawel Pawlikowski, por ‘Cold War’
  • Yorgos Lanthimos, por ‘A Favorita’

MELLOR ACTOR PRINCIPAL

  • Christian Bale, por ‘O vicio do poder’
  • Bradley Cooper, por ‘Naceu unha estrela’
  • Willem Dafoe, por ‘At Eternity’s Gate’
  • Rami Malek, por ‘Bohemian Rhapsody’
  • Viggo Mortensen, por ‘Green Book’

MELLOR ACTRIZ PRINCIPAL

  • Yalitza Aparicio, por ‘Roma’
  • Glenn Close, por ‘Wife’
  • Olivia Colman, por ‘A Favorita’
  • Lady Gaga, por ‘Naceu unha estrela’
  • Melissa McCarthy, por ‘Poderás perdoarme algún día?’

MELLOR ACTOR DE REPARTO

  • Mehershala Ali, por ‘Green Book’
  • Adam Driver, por ‘Infiltrado no KKKlan’
  • Sam Elliot, por ‘Naceu unha estrela’
  • Richard E. Grant, por ‘Poderás perdoarme algún día?’
  • Sam Rockwell, por ‘O vicio do poder’

MELLOR ACTRIZ DE REPARTO

  • Amy Adams, por ‘O vicio do poder’
  • Marina de Tavira, por ‘Roma’
  • Regina King, por ‘O blues de Beale Street’
  • Emma Stone, por ‘A Favorita’
  • Rachel Weisz, por ‘A Favorita’

MELLOR GUIÓN ORIXINAL

  • First Reformed
  • Green Book
  • Roma
  • A Favorita
  • O vicio do poder

MELLOR GUIÓN ADAPTADO

  • A balada de Buster Scruggs
  • Infiltrado no KKKlan
  • Poderás perdoarme algún día?
  • O blues de Beale Street
  • Naceu unha estrela

MELLOR PELÍCULA DE FALA ESTRANXEIRA

  • Cafarnaún
  • Cold War
  • Obra sen autor
  • Roma
  • Un asunto de familia

MELLOR PELÍCULA ANIMADA

  • Os Increíbles 2
  • Isle of Dogs
  • Mirai
  • Ralph breaks the Internet
  • Spider-Man: Un novo universo

MELLOR FOTOGRAFÍA

  • Cold War
  • A Favorita
  • Obra sen autor
  • Roma
  • Naceu unha estrela

MELLOR DESEÑO DE PRODUCIÓN

  • Black Panther
  • A Favorita
  • First Man
  • O regreso de Mary Poppins
  • Roma

MELLOR VESTIARIO

  • A balada de Buster Scruggs
  • Black Panther
  • A Favorita
  • O Regreso de Mary Poppins
  • Mary Queens of Scots

MELLOR MONTAXE

  • Infiltrado no KKKlan
  • Bohemian Rhapsody
  • Green Book
  • A Favorita
  • O vicio do poder

MELLORES EFECTOS ESPECIAIS

  • Avengers: Infinity War
  • Christopher Robin
  • First Man
  • Ready Player One
  • Solo: Unha historia de Star Wars

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA

  • Border
  • Mary Queens of Scots
  • O vicio do poder

MELLOR MONTAXE DE SON

  • A Quiet Place
  • Black Panther
  • Bohemian Rhapsody
  • First Man
  • Roma

MELLOR MESTURA DE SON

  • Black Panther
  • Bohemian Rhapsody
  • First Man
  • Roma
  • Naceu unha estrela

MELLOR BANDA SONORA

  • Black Panter
  • Infiltrado no KKKlan
  • O blues de Beale Street
  • Isle of Dogs
  • O regreso de Mary Poppins

MELLOR CANCIÓN ORIXINAL

  • ‘All the Stars’, Black Panther
  • ‘I’ll fight’, RBG
  • ‘Shallow’, Naceu unha estrela
  • ‘The place where lost things go’, O regreso de Mary Poppins
  • ‘When a cowboy trades his spurs for wings’, A balada de Buster Scruggs

MELLOR DOCUMENTAL

  • Free Solo
  • Hale county this morning, this evening
  • Minding the Gap
  • Of fathers and sons
  • RBG

MELLOR CURTAMETRAXE DOCUMENTAL

  • Black Sheep
  • End Game
  • Lifeboat
  • A Night at the Garden
  • Period. End of Sentence

MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN

  • Marguerite
  • Madre
  • Skin
  • Detainment
  • Fauve

MELLOR CURTAMETRAXE ANIMADA

  • Animal Behaviour
  • Bao
  • Late Afternoon
  • One Small Step
  • Weekends
Pódeche interesar...
Oscars 2020 | Cales son as grandes favoritas?