Hail Satan? Si, si e mil veces si!

O satanismo mete medo. Na nosa cultura xudeucristiá baseada no ben e o mal o contrario do ben asociado co cristianismo ten que ser o mal. Satán. Os adoradores do diaño. Pero e se sacamos esa moral da ecuación? Iso é o que poñen enriba da mesa os membros do Templo Satánico. Hail Satan? é un documental dirixido por Penny Lane e que ten por protagonistas a esta relixión non teísta aínda que pareza mentira.

É estraño, xa o sei. Eles mesmos son éstranos, pero o que queren denunciar realmente é a falta de liberdade relixiosa nos Estados Unidos. Se se poñen estatuas cristiás, deben poder poñerse ao lado estatuas satánicas. Legalmente non debería impedirse. A radical separación entre igrexa e estado, iso é o que piden os satánicos. E o fan do xeito máis provocativo posible.

E tamén do máis friki, sen intención de ser pexorativo en ningún punto. Esta resignificación do satanismo é necesario polos seus creadores polo sufrimento que fixo a criminalización do satanismo, coas cazas de bruxas, os asasinatos culpabilizados a cultos satánicos inexistentes e demais elementos que nos parecen chino, pero non hai tanto tempo na nosa terra se lle botaba a culpa aos videoxogos de crear asasinos en serie.

Non hai dúbida que este culto satánico que se esforza en facer boas accións a nivel social, responde aos tempos actuais por unha banda e ao contexto estadounidense pola outra. Está encadrado totalmente na posmodernidade, na ausencia de grandes relatos totalizadores, noutro contexto o satanismo non podería xurdir dese xeito. Isto se o sumamos a imposibilidade de sindicación alá, chega que crear un culto satánico para ser mediático e colleitar forza a partir de xente excluída socialmente pero con moi boas intencións. Parece unha loucura, pero é absolutamente plausible e real.

Haberá tamén quen mire horrorizado as reaccións dos cristiáns sendo intransixentes coa liberdade relixiosa, pero as reaccións aquí non serían iguais ou incluso máis violentas? Unha estatua de Baphamet ao carón da cruz do Castro de Vigo ou da cantidade de monumentos cristiáns galegos. Máis de un non o contaba, diso estou seguro.

A nivel formal, Hail Satan? non é a gran revolución, pero funciona. Establece un talking head cunha montaxe áxil e toques de humor moi ben buscados. O xuntas con imaxes de arquivo ben escollidas, gravacións de eventos reais e toda a imaxinaría satánica e tes un produto realmente atractivo dende a forma para narrar dun xeito adecuado o seu fondo.

O satanismo que se nos presenta aquí é o pastafarismo molón. Que aprendeu de como saír nos medios, que xoga coa ofensa a allea para promocionarse. E xogar ao xogo do sistema ten perigos, pero sendo un outsider e disfrazándote se interpreta que tampouco se pode chegar a nada isto causa desencontros naturais e conflitos e é normal.

Pero pola miña parte, o documental foi unha gran sorpresa. É a demostración de como o documental é vida, que na historia máis improbable pode haber un fondo tremendo. Que é necesario tomarse en serio aos que ninguén os toma en serio porque pode haber unha mina de información extremadamente interesante. E diante da pregunta Hail Satan? Soamente queda respostar: Si, si e mil veces si!

Directora: Penny Lane
Música: Brian McOmber
Fotografía: Naiti Gámez
Ano: 2019
País: Estados Unidos
3.5
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.